Contratación laboral temporal APROL RURAL 2022

A entrevista terá lugar o vindeiro luns 13/06/2022 ás 09:30 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.

Con motivo da renuncia voluntaria por parte das persoas seleccionadas que figuran na Acta do Tribunal do 15 de xuño de 2022, procédese a solicitude de ampliación de oferta de Emprego para un posto de peón forestal no programa APROL RURAL 2021

Os novos candidatos/as serán citados/as para entrevista o vindeiro martes día 21 de xuño ás 9:30 horas, no Centro Multiusos do Mosteiro.

Contratación laboral temporal “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL”

O prazo para presentar solicitude de participación mediante instancia xenérica remata o martes 14/06/2022.

A entrevista terá lugar o xoves 16/06/2022 ás 10:00 horas.

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN INTERINA MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN DUNHA PERSOA NA CATEGORÍA DE ORDENANZA, E A FORMACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA NA MESMA CATEGORÍA

Na Resolución de Alcaldía 2022-0162 do 20/04/2022, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación interina dunha persoa na categoría de ordenanza e a confección dunha listaxe de reserva na mesma categoría mediante o sistema de concurso oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://meis.sedelectronica.gal).

.

Acceso ao taboleiro de anuncios

 

CAMBIO DE DATA DO SEGUNDO EXERCICIO

Martes 21 de xuño ás 12:00 h no Centro Multiusos do Mosteiro.

PLAN CONCELLOS 2022-2023_LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 18 de febreiro de 2022, unha subvención por importe de 106.106,22 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2022-2023_LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS, para levar a cabo a contratación de 11 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 230, do 27 de novembro de 2021).

Os contratos serán a xornada completa e terán unha duración de 6 meses.

As ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días son as seguintes:

 

OCUPACIÓN

Nº POSTOS

CÓDIGO OCUPACIÓN

Albanel

1

7121

Electricista

1

7510

Fontaneiro/a

1

7221

Pintor/a

1

7212

Carpinteiro/a

1

7131

Peón obras públicas en xeral

4

9601

Peón forestal

2

9543

 

Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a situación da súa inscrición no Servizo Público de Emprego de Cambados.

As convocatorias quedan do seguinte xeito:

12/2022/2059            Albanel                       14/03  9:00

12/2022/2065            Carpinteiro                 14/03  9:00

12/2022/2073            Electricista                 14/03  9:00

12/2022/2085            Fontanero                   14/03  11:00

12/2022/2092            Pintor                          14/03  11:00

12/2022/2127            Peón obras públicas   15/03   9:00

12/2022/2096            Peón Forestal             15/03  11:00

AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS DE ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E DEPURACIÓN

O concello de Meis obtivo dúas subvencións de Augas de Galicia destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración. AU300A:

-Denominación da obra: “TELEXESTION DA EBAL E DAPS MUNICIPAIS”
Orzamento: 35.252,35€
-Importe de adxudicación: 35.132,35€
-Situación das obras: EBAL MOSTEIRO, DAP SANTO TOME, DAP COLEGIO A ARMENTEIRA, DAP SAN MARTIÑO. MEIS. PONTEVEDRA (máis…)

Plan de acción para o clima e a enerxía sostible (PACES)

O Concello de Meis obtivo unha axuda para a asistencia técnica na
elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) por un importe de 4.000,00 €, a través das as axudas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Orde do 26 de xaneiro de 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014 – 2020.

Mercado de abastos municipal

O Concello de Meis ven de realizar obras de REFORMA DO MERCADO DE ABASTOS MUNICIPAL, sito na Praza de España do Mosteiro, cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 50.000,00 € (desglosados da seguinte maneira: 75% do FEADER, 7,5 % do MAPAMA, e 17,5% da XUNTA DE GALICIA), e outra subvención da Deputación de Pontevedra por importe de 36.000,00 €. (máis…)