O conxunto de territorios que compoñen o Concello de Meis representan un pequeno escenario de variadas paisaxes: montaña, chaira, val, que acercan o ceo á terra nunha mistura sempre fermosa. Recorrer este Concello é adentrarse no máís fondo e íntimo do Salnés nunha ringleira interminable de cores, de cantos de páxaros, de olores múltiples, de arte de tódolas épocas, de sabrosa gastronomía regada con vigorosos e alegres viños. A fisonomía de Meis, entre as alturas do monte Castrove e as chairas regadas polo pai Umia é maxestuosa e reconfortante, influida placenteramente polas rías de Pontevedra e Arousa que lle fan as beiras eternamente. Foi cantada por San Ero cunhas loubanzas celestiais, dando gracias por vivir na terra donde unha paxaríña veu a anunciar que o futuro era deste lugar de Galicia. A situación do Concello orixina que o crucen unha serie de estradas, cara a poboacións das dúas rías, coma unha perenne exposición dun mundo que ten o pasado como referente, está no presente como compromiso e mesmo encara o futuro como decisión.

En cada volta do camiño atopas un cruceiro, un sorriso, unha casa de nenos xoguetóns, unha leira labrada con agarimo, un pazo ou unhas árbores que dan a benvida co rítmico rum-rum, a cotío, dende os seus outeiros divisámo-las paisaxes oceánicas ou do val nunha sinfonía de cores sen igual. Meis camiña cun pe no ceo e outro na terra con xenerosídade e compromiso, coa ledicia dun traballo ben feíto e coa festa rondando polos camiños, nun constante agasallo a parentes, amigos e visitantes, que explica co xesto sinxelo a historia, a paisaxe e as vivencias da nosa xente. As terras que denominamos como Meis comezaron a formarse administrativamente no século VI ano 589, cando no Concilio Lucense, asínase á extensa Sede Iriense entre outros o territorio Saliniense, algo máis extenso do actual Salnés. Dentro desta demarcación estaba “A Terra da Lanzada”, que contiña as parroquias de Meis, agás Armenteira, que non pertencía ó señorío do Arcebispo de Santiago. No ano 924 houbo un pleito polas salinas do val no que se cita ás parroqjuias de San Lourenzo e Armenteira.

Ó longo do século XV xa existia o Coto de Armenteira á que se a anexionaron oas terras de Noalla, Vilalonga e 0 Grove. Nas Idades Media e Moderna, Meis sufriu constantes cambios na súa configuración, ora polas perdas ou beneficios do Mosteiro de Armenteira, ora polos altos e baixos das propiedades do arcebispado. A organización da división territorial da provincia de Pontevedra a partíres do 1836,coa constitución da Deputación Provincial ,co Partido Judicial de Cambados, entre os once en que se dividía a provincia.

Ó longo dunha superficie de 51,82 km.Está organizada en 7 parroquias que de maior a menor son:

  • A Armenteira.
  • Paradela
  • Nogueira
  • Meis
  • San Martiño de Meis
  • San Lourenzo de Nogueira
  • San Tomé de Nogueira.

Neste territorio do Concello de Meis, por mor da súa paisaxe, da súa situación estratéxica, a suave orografía e demais circunstancia físicas, a poboación prehistórica foi abundante e xenerosa en construccións e restos de diferentes formas. Dende o Paleolítico, coñécese actividade humana nas súas terras, con xente cazadora e recolectora, que adoitaban acampar en lugares de auga doce e perenne carne, con materias primas para a elaboración dos seus trebellos, dos que nos quedan: un bifaz, un raspador, unha folla de sílex e diversos tipos de machados pétreos. Na etapa Neolítica, tempo da cultura Megalítica, aparece a agricultura e a domesticación de animais, mesmo a poboación se fixo sedentaria. 0 máis representativo deste tempo son as mámoas, das que a Casiña da Moura, no monte Castrove é o mellor expoñente, xunto a topónimos doutras, como Outeiro de Deus, Cotarelo, o Alto do Eixo, o Outeiro da Lomba, a Fonte dos Mouros, na parroquia da Armenteira; na de Meis hai tradición de mámoas en Redondelo, Antilla, Capela dos Mouros, Casiña, Medoñan. En Paradela salientámo-la Pedra Abaladoira, Covas, Modia ou Montiño. En San Lourenzo coñecécemo-la Casa da Moura, Mámoa, Fornos, Poza e Tombo, mentras que en San Martiño existen os topónimops da Fonte dos Mouros, Matorra, Montiño e Pedrafita, ou en San Tomé con Arca, Cova, Motagueiro,etc. E mesmo en Nogueira con Casaliño, Caseta ou Poza.

A Idade dos Metais divídese nas etapas de Bronce e de Ferro, da primeira conservamos un verdadeiro tesouro de Arte Rupestre, representada polos petroglifos,a meirande deles no monte Castrove,con laberintos, cervos, círculos, homes a cabalo, xogos xeométricos, letras, coviñas e serpentes que recorren todo o Bronce , de norte a sur e de leste a oeste, coa testimuña de topónimos como Outeiro do Cribo,Outeiro do Castro,Outeiro do Tronco ou Outeiro das Penas na Armenteira, Outeiro da Croa e Pena Escrita.

En Paradela; Pedra Escrita, Pedra das Ferraduras,As Penizas e Pedra das Pezuñas en San Lourenzo; a Pedra que Fala e a Pedra do Demo en San Martiño; na parroquia de Meis, conservamos Pedra Catán, Pedra Furada e Pedra Lobeira; en San Tomé A Piolla, a Pedra das Ferraduras e a Pedra do Lagarto. Cada unha das nosas parroquias está chea de restos castrexos e mesmo podemos admirar castros en diferentes outeiros do municipio, multitude de topónimos dan a esta cultura unhas posibilidades inmensas.

Se Meis está chantada nunha época esa é a Idade Media, os Romanos a fundaron, os camiños de Santiagoa deron a coñecer, a terra e as construccións de pedra certificaron o seu carné de identidade. 0 exército romano invade Gallaecia, e as terras entre as rías de Pontevedra e Arousa son paso obrígado para os novos amos de occidente, baixan ós nosos antergos das castros, constrúen calzadas e camiños, fundan granxas e pequenas aldeas-vilas (Vilanoviña) e escenifican un mundo novo para este territorio. Dan o nome de Meis “a este Iugar apacible e ameno cercado por muros, que son outeiros”, bautizan con nomes latinos a gran parte do municipio: Camiño Real, Calzada. Camiño Vello, Barcia Portaxe, Vereda, Lomba, Armenteira, Paradela, Arcos, Cimadevila, Fondo da Vila, Quintáns,Lantañón, Moimenta, Vil,anoviña,Laxes,etc. Mesmo temos dous restos pétreos de extraordinaria importancia: a Pedra de Atraque na parroquia de San Lourenzo e a Ara Marítima da igrexa de Santo Tomé, xunto ó camiño romano que recorre o municipio ata xuntarse co camiño en Caldas de Reís. A arte románica é outro dos grandes elementos histórico-culturais de Meis, cada parroqpia ten o seu monumento románico: San Benito de Mosteiro, Paradela, San Lourenzo, Santo Tomé, San Martiño San Salvador e Armenteira fundada por San Ero e regalada para todos por obra do rei Alfonso X por medio da Cantiga 103 (Cantigas á Virxe María), son espello dun tempo no que as ofrendas divinas quedaban chantadas coa pedra das nosas canteiras, moitas delas con reformas renacentistas, mudéxares e barrocas, completadas con fermosos baldoquíns como os existentes nas igrexas de San Martiño, San Salvador e San Lourenzo. 0 Renacemento edificou pazos en Paradela, en San Martiño., en San Lourenzo en San Salvador,etc. ,con chamativos escudos e chimeneas: Pompeán, A Saleta, Caticovas, Señoráns de Arriba e de Abaixo, Parga, Quintáns,Casal do Río, a Moroza, 0 Pumariño,etc. O mesmo Bispo Xelmirez, mandou construir un pazo en Paradela para uso e disfrute dos canonigos da catedral compostelana que da idea da importancia do territorio, da súa economía pacega e da súa estratéxica situación para habita-las súas terras. 0 Renacemento complétase con hórreos, cruceiros nos camiños, pombais, muiños abeirando os ríos, reloxos de sol  no camiño a Santiago, narrado entre outros polo Pai Sarmiento, entrando por Pontearnelas e saíndo por Lantañón, camiño de Caldas, seguindo o antigo camiño romano, documentado dende a “Per Loca Marítima“, por unha pauliña do século XVI, cartas de confradías en Santo Tomé, e mesmo pola tradición oral que quedou na mente das nosas xentes.

A Idade Moderna aparecen as pinturas na igrexa de Santo Tomé e se acentúa o poder pacego sobre a sociedade de Meis, xunto ó exercido pola Igrexa e diversas xurisdiccións, os foros son os documentos que aseguran esta estratificación social,dos que algún deles aínda estaba “vixente” no 1949,coma o Foro do Casal.

Os séculos XVII e XVII viron a ampliación das igrexas románicas, por mor do aumento da poboación, fanse os campanarios, algúns claustros, varios reloxios, as casas rectorais e a arte barroca invade o románico relíxioso, os pazos seguen aparecendo en San Martiño pazos de Sabarís e Escudeiro, en San Lourenzo os de Guimil e Paiendes,etc. A Guerra da Independencia e máis tarde a desamortización signifcan cambios de mentalidade social e a fín dos mosteiros e de varias igrexas nos primeiros anos do XIX; desenvólvense as Guerras Carlistas, con profusión de partidas do pretendente en todo o Salnés e mesmo en Meis, protagonizada por cregos e labregos, en busca de liberdade e menos impostos. A emigración americana proxecta a moita xente de Meis cara a América e, máis tarde a Europa ou a cidades españolas industrializadas.Este novo xeito de vida acentúase logo das Guerras Mundiais e Meis cambia a súa fisonomía pola actual, é dicir, máis estradas e camiños, escolas, pequeno comercio e, puco a pouco, as vivendas se agrandan e a agricultura e gandería se transforman segundo vai aumentando o nivel de vendas, que antes estaba na feira e mercado municipais e agora  exténdese a Pontevedra, Caldas, Vilagarcia, etc. Os anos 30 e 40 dan testimuña da transformación social, aparecen sindicatos de Canteiros, delegacións do Partido Galeguista, os primeiros fuxidos logo da guerra do 36, os emigrados a América pagan a edificación de escolas (Escolas Laicas) e se comeza a coñece-la cultura esquecida de Meis ó longo da Historia. E Meis faise grande coa súa histonía, coas súas xentes, coa súa fisonomía, e as escolas e a cultura comezan a repoboa-lo Municipio, a industria xorde xenerosa, as festas seguen sendo un xeito de ser desta terra ,  a invitación constantee a os foraneos, a coñecermos, a saber dunha terra milenaria que cada día se deixa conquistar pola modernidade, gardando para todos o tesouro das súas vivencias de sempre….