Por Real Decreto do 7 de maio de 1976, autorizouse ó Concello de Meis para adopta-lo seu escudo heráldico municipal, que se organiza da seguinte maneira: escudo terciado en pan: Primeiro, de azur, estrela de seis puntas de prata.segundo, de púrpura, mitra abacial de ouro.terceiro,de gules, mundo de ouro, centrado e cruzado de prata. O timbre, coroa real pechada.