En canto a infraestructuras, o Concello de Meis dispón dun campo de fútbol de herba natural, un de herba artificial e un de terra, onde militan os equipos  C.D. Mosteiro, Zacande C.F. e Armenteira C.F. respectivamente. Tamén existe un Pavillón Polideportivo, onde se desenvolven as escolas de fútbol e tenis.