CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN POSTO DE PEÓN FORESTAL AO ABEIRO DA ORDE DO 5 DE MARZO DE 2025 (APROL RURAL) (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR351G) (DOG NÚM. 50 DO 13 DE MARZO DE 2025).
Para presentación da solicitude a través da sede electrónica do concello pinchar aquí. (máis…)
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Honorarios redacción do proxecto técnico para o investimento: Eliminación da fosa séptica de Silvoso, execución de estación de bombeo de augas residuais e conexión á rede de saneamento existente” por un importe de 7.260,00€ con cargo á liña 1 do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2025.
Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis, na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 21 de febreiro de 2025, unha subvención por importe de 106.751,62 € con cargo ao PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN MÁIS PROVINCIA) 2025_liña 3: activación do Emprego 2025, para levar a cabo a contratación de 7 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Cuadraxésimo primeira do Capítulo III do citado plan (BOPPO nº1, do xoves 2 de xaneiro de 2025). (máis…)
O concello de Meis recibiu dúas subvencións do INEGA, reguladas pola Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos Programas de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo ao amparo do instrumento temporal NextGenerationEU. Anualidades 2021-2023 (código IN422J-IN422K), para: (máis…)