A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da rede Ágora”, por un importe de 32.670,00€, con cargo ás subvencións para “Redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da Rede Ágora (2021)”, (custo total da redacción do proxecto 36.300,00 €: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).
Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Acondicionamento das instalacións do Campo de Fútbol Municipal José Betanzos Doval “Pepe””, por un importe de 5.000,00€, con cargo ás subvencións a entidades locais da Provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para o financiamento dos gastos derivados das asistencias técnicas que se contraten para preparar a documentación necesaria para a presentación de solicitudes de subvención, así como, no seu caso, a redacción e/ou adaptación dos proxectos de investimento, que se poidan acoller á primeira convocatoria de axudas do Consello Superior de Deporte ao fomento do turismo deportivo sostible financiadas con fondos Next Generation UE, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Compoñente 26, Investimento 2).
Servizo de Cooperación cos municipios da Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022, por un importe de 9.149,87€, para “CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DA FONTE DO CAMPO DA FEIRA”.
Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para prestación de Axudas Básicas de Emerxencia nos Servizos Sociais Comunitarios 2022, por un importe de 9.500€ de gasto corrente e de 2.000€ de investimento.
Servizo de Cohesión Social da Deputación Provincial de Pontevedra
Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.
Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Meis, calculouse que, o rendemento técnico hidráulico do sistema de abastecemento municipal é do 62,43 % e, en consecuencia, porcentaxe de auga non rexistrada é o 37,57 %.
A necesidade de intervención arqueolóxica ven dada pola aplicación da normativa urbanística e patrimonial vixente á actuación de posta en valor que o Concello de Meis pretende acometer sobre un dos seus elementos arqueolóxicos máis singulares, o petróglifo do Outeiro do Cribo (GA36028016), que agocha un dos labirintos mellor executados e conservados de todo o panorama da arte rupestre.
En época recente, os gravados teñen sido obxecto de múltiples afeccións, algunhas repetitivas, como as marcas ou pintadas realizadas por afeccionados, que poden causar deterioros irreversibles nos sucos.
Ademais, o xacemento está situado nunha localización de risco debido ao tránsito por riba do soporte dos gravados de vehículos rodados (motos e quads especialmente), persoas e animais; polo que o Concello considera que é imprescindible abordar unha actuación que reverta esta situación actual de exposición a diversos axentes de deterioro.
Por outra banda, o petróglifo posúe un importante potencial para o desenvolvemento da comunidade local en conxunto cos outros bens arqueolóxicos existentes na contorna, como as Mámoas de Fonte do Lagarto, o petróglifo de Outeiro do Tronco ou o propio mosteiro de Armenteira. Todos eles susceptibles de ser integrados en roteiros de lecer
baseados no interese polo patrimonio histórico-arqueolóxico e a defensa e conservación do medio ambiente. De feito, a pista de acceso ao Outeiro do Cribo forma parte dun circuíto BTT (Ruta de BORDÓNS; ruta 8 do Salnés), pensada para o fomento do clicloturismo na zona.
Son por estes motivos, singularidade, situación de risco e potencial social, que xurde a iniciativa municipal para poñer en valor o ben. Elaborándose, en xuño de 2021, unha proposta de actuación por parte de técnicos da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez (arqueólogo) e Óscar Taboada (conservador), na que se abordan as diferentes accións que conducirían á súa recuperación e posta en valor, e que no presente proxecto se seguirán en gran medida.
A intervención arqueolóxica que se pretende, abrangue traballos de roza e tala, limpeza do propio soporte dos gravados, documentación, creación de drenaxes, escavación arqueolóxica e acondicionamento do espazo visitable, incluíndo cartelería e delimitación física mediante valados en madeira.
Actuacións, que en definitiva, terán lugar dentro da áreas de protección do petróglifo, tanto integral como de amortecemento, ben catalogado segundo o Plan Xeral de Ordenación do concello de Meis, e que, ademais, segundo o establecido na disposición adicional primeira da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, goza da condición de bens de interese cultural.