
🐄🐖CELEBRACIÓN MENSUAL DO MERCADO DE GANDO


A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2023”, por un importe de 1.717,60 euros para o programa OBRA DE TEATRO AS ALUMNAS CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2023, con cargo “ás subvencións dirixidas aos concellos para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2023, (custo total da obra de teatro (máis…)
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da rede Ágora”, por un importe de 32.670,00€, con cargo ás subvencións para “Redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da Rede Ágora (2021)”, (custo total da redacción do proxecto 36.300,00 €: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).
Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Acondicionamento das instalacións do Campo de Fútbol Municipal José Betanzos Doval “Pepe””, por un importe de 5.000,00€, con cargo ás subvencións a entidades locais da Provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para o (máis…)
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “SUBMINISTRO DE REDUTORES DE VELOCIDADE E BIONDAS” por un importe de 13.246,92€ con cargo á liña 1 do Plan de Obras e Servizos 2022-2023 – anualidade 2023 (Plan Concellos 2022-2023).
Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022, por un importe de 9.149,87€, para “CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DA FONTE DO CAMPO DA FEIRA”.
Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra

Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.
Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Meis, calculouse que, o rendemento técnico hidráulico do sistema de abastecemento municipal é do 62,43 % e, en consecuencia, porcentaxe de auga non rexistrada é o 37,57 %.
A necesidade de intervención arqueolóxica ven dada pola aplicación da normativa urbanística e patrimonial vixente á actuación de posta en valor que o Concello de Meis pretende acometer sobre un dos seus elementos arqueolóxicos máis singulares, o petróglifo do Outeiro do Cribo (GA36028016), que agocha un dos labirintos mellor executados e conservados de todo o panorama da arte rupestre.

Se informa de que el servicio móvil de nueva generación sobre la banda de frecuencia de 700 MHz de los principales operadores móviles se encontrará disponible en su localidad en fechas próximas. En una fase inicial, antes de su plena disponibilidad, verificaremos la calidad del servicio ofrecido a los ciudadanos.
(máis…)A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Elaboración plan de mobilidade sostible”, por un importe de 12.520,00€, con cargo ao Plan Concellos 2021-liña 1.
Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra
