Plan de acción para o clima e a enerxía sostible (PACES)

O Concello de Meis obtivo unha axuda para a asistencia técnica na
elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) por un importe de 4.000,00 €, a través das as axudas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Orde do 26 de xaneiro de 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014 – 2020.

Aprobación inicial do proxecto de reaxuste e remate das obras de urbanización para finalizar o desenvolvemento do sector do solo urbanizable SUI 1

A Xunta de Goberno local en sesión celebrada o día 14 de outubro de 2021, acordou prestar aprobación inicial ao proxecto de urbanización de reaxuste e remate das obras de urbanización para finalizar o desenvolvemento do sector do solo urbanizable SUI 1.

O documento foi presentado pola Xunta de compensación do sector do solo urbanizable SUI 1, e está redactado por “espinosa&rodríguez architects projets mangers S.L.”.

De conformidade co disposto no Artigo 96.3 da Lei 2/2016, do Solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que durante este período poida ser examinado e formularse as alegacións que se considere oportuno.

A documentación pódese consultar a continuación:

Mercado de abastos municipal

O Concello de Meis ven de realizar obras de REFORMA DO MERCADO DE ABASTOS MUNICIPAL, sito na Praza de España do Mosteiro, cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 50.000,00 € (desglosados da seguinte maneira: 75% do FEADER, 7,5 % do MAPAMA, e 17,5% da XUNTA DE GALICIA), e outra subvención da Deputación de Pontevedra por importe de 36.000,00 €.

Con esta reforma, o Concello pretende dinamizar e pontenciar á actividade no Mercado de Abastos, que conta diariamente cun posto de venda de flores e os sábados pola mañán con postos de legumbres, peixe, pan, chourizos e queixos.

Tamén se dotou de accesibilidade o mercado e os seus aseos.

Restauración e conservación do hórreo da Gándara

A restauración do hórreo da Gándara, en San Martiño de Meis, chegou ao seu fin. Esta obra, por valor de 16.746,40 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de POntevedra para Restauración e conservación do hórreo da Gándara ao abeiro das subvencións para  a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2020.

PLAN CONCELLOS 2021 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS.

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 12 de febreiro de 2021, unha subvención por importe de 109.968,48 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2021 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas durante 8 meses, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 1 do luns 4 de xaneiro de 2021).

Por decreto de Alcaldía de 26 de marzo de 2021 resolveuse a contratación laboral temporal, a xornada completa, durante 8 meses, de 9 persoas desempregadas: 2 albaneis, 1 electricista, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 carpinteiro/a, 2 peóns de obras públicas en xeral e 1 peón forestal. Os contratos iniciáronse o 6 de abril de 2021.

O coste salarial total destas contratacións ascende a 112.628,88 €, polo que a aportación municipal será de 2.660,40 €.

As contratacións levadas a cabo responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou para o desempeño das súas compentencias en termos razoables de eficacia.

Axudas extraordinarias, con ocasión da declaración do estado de alarma, para a prestación de servizos básicos de emerxencia para os concellos de menos de 20.000 habitantes.

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha axuda extraordinaria, con ocasión da declaración do estado de alarma, para a prestación de servizos básicos de emerxencia para os concellos de menos de 20.000 habitentes para o ano 2020, por un importe de 29.796,15€.

Servizo de Cohesión Social da Deputación Provincial de Pontevedra

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2020

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 3.972,07€  con destino ó pagamento de “Servizo de Limpeza das Escolas Municipais”, incluídas na liña 2  (gasto corrente) do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2020.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES; E DO ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN, ESTRUTURA DE CUSTOS E ESTUDIO DE VIABILIDADE DO CONTRATO DE CONCESIÓN

Polo Pleno Municipal en sesión do 2 de outubro de 2020, adoptouse o acordo de: aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables; e aprobación inicial do anteproxecto de explotación, da estrutura de custos e do estudio de viabilidade do contrato de concesión. Os documentos arriba relacionados sométense a a exposición pública durante trinta días hábiles a efectos de reclamacións, suxestións ou aportacións. No caso de non presentarse ningunha os expedientes entenderase definitivamente aprobados.

REGULAMENTO DO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES

ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN DOS SERVIZOS

Anuncio BOP 19-10-2020