Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Meis, calculouse que, o rendemento técnico hidráulico do sistema de abastecemento municipal é do 62,43 % e, en consecuencia, porcentaxe de auga non rexistrada é o 37,57 %.