⚠️🚰𝗨𝗦𝗢 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗢𝗡𝗦𝗔𝗕𝗟𝗘 𝗗𝗔 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟💧

Temos escaseza de auga, sobre todo dende o depósito de San Tomé de Nogueira.
É por iso que cómpre facer un uso responsable da auga e mesmo moderar os consumos.
Así, non se debe usar a auga para piscinas, nin para regar, nin para baldeos nin para lavar os coches.
Así mesmo, débense manter as billas pechadas nos momentos nos que non sexa estritamente necesario o uso da auga e débense revisar as instalacións particulares para evitar posibles fugas domésticas.

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para “Redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da Rede Ágora”

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da rede Ágora”, por un importe de 32.670,00€, con cargo ás subvencións para “Redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da Rede Ágora (2021)”,  (custo total da redacción do proxecto 36.300,00 €: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).

Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra

Mercado de abastos municipal

O Concello de Meis ven de realizar obras de REFORMA DO MERCADO DE ABASTOS MUNICIPAL, sito na Praza de España do Mosteiro, cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 50.000,00 € (desglosados da seguinte maneira: 75% do FEADER, 7,5 % do MAPAMA, e 17,5% da XUNTA DE GALICIA), e outra subvención da Deputación de Pontevedra por importe de 36.000,00 €. (máis…)