Vertidos impropios á rede de sumidoiros en Gondarei de Arriba e A Bouza (San Martiño de Meis)

MARTA GIRÁLDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que a rede de sumidoiros que conduce os vertidos procedentes das vivendas dos lugares de Gondarei de Arriba e A Bouza á depuradora está a sufrir atrancos e avarías que poden ser moi graves e polo tanto precisar de reparacións moi caras, debido á presencia nos vertidos de compresas e toalliñas.

Xa que logo, dende o Concello de Meis apélase á colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da rede de sumidoiros evitando tirar eses resíduos impropios da rede de saneamento.

O que fago público para xeral coñecemento e efectos.

 

Contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal a xornada completa e por un período de 3 meses, mediante un contrato eventual por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas oficinas municipais, para o que será necesario estar en posesión do título de FPII, bacharelato ou equivalente.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañada do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases estarán publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).

Presentación de instancias: Prazo de 5 días hábiles contados desde a publicación do anuncio neste xornal.

Anuncio Prensa

Bases da convocatoria

Lista provisional aspirantes admitidos e excluídos Publicada o 07/08/2019

Anuncio lista definitiva aspirantes, data constitución tribunal e data de realización das entrevistas Publicado o 13/08/2019

Publicación puntuacións   Publicado o 22/08/2019

PLAN CONCELLOS 2019 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS.

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 104.176,80 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2019 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018). O coste total destas contratacións ascende a 107.649,36 €.

Por decreto de Alcaldía de 13 de marzo de 2019 resolveuse a contratación laboral temporal, a xornada completa, durante oito meses, de nove persoas desempregadas: 2 albaneis, 1 electricista, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 carpinteiro/a e 3 peóns de obras públicas en xeral. Os contratos iniciáronse o 15 de marzo de 2019.

As contratacións levadas a cabo responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou para o desempeño das súas compentencias en termos razoables de eficacia.

 

En Meis, a 18 de marzo de 2019.

O Concello de Meis únese á dor pola morte de Eduardo Fajardo, actor que resultou nomeado fillo predilecto deste Concello no ano 2010.

A alcaldesa, Marta Giráldez Barral, mostra o seu pésame pola perda dunha gran figura da interpretación

O Concello de Meis únese á dor pola morte do actor Eduardo Fajardo, meisino de nacemento (O Mosteiro – agosto 1924), falecido en México, onde residen os seus fillos.

O Concello e a Corporación municipal, quere manifestar o pésame pola perda do seu fillo predilecto e trasladar o sentimento de dó nestos momentos tan difíciles a súa familia e amigos.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 5.186,83 € con destino ó investimento “SUBMINISTRO DE SINALIZACIÓN VERTICAL E MOBILIARIO URBANO” , incluído na liña 1 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra –Servizo de Cooperación.

PLAN CONCELLOS 2019 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 104.176,80 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2019 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018). Os contratos serán a xornada completa e terán unha duración de 8 meses.

As ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados na vindeira semana serán as seguintes:

OCUPACIÓN Nº POSTOS CÓDIGO
Albanel 2 7121
Electricista 1 7510
Fontaneiro 1 7221
Pintor 1 7212
Carpinteiro 1 7131
Peón obras públicas 3 9601

20190228_Providencia inicio expte. contratación persoal LIÑA 3_ EMPREGO

20190228_Bases contratación persoal LIÑA 3_ EMPREGO

20190228_Resolución_DECRETO 2019-0172 [Decreto aprobación bases contratación persoal LIÑA 3 EMPREGO]

Resultados_Oferta_12-2019-1933

Resultados_Oferta_12-2019-1914

Resultados_Oferta_12-2019-1896

Resultados_Oferta_12-2019-1886

Resultados_Oferta_12-2019-1871

Resultados_Oferta_12-2019-1852

Acta Tribunal proceso selectivo

Anuncio Decreto contratación