Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2020

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 3.972,07€  con destino ó pagamento de “Servizo de Limpeza das Escolas Municipais”, incluídas na liña 2  (gasto corrente) do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2020.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES; E DO ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN, ESTRUTURA DE CUSTOS E ESTUDIO DE VIABILIDADE DO CONTRATO DE CONCESIÓN

Polo Pleno Municipal en sesión do 2 de outubro de 2020, adoptouse o acordo de: aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables; e aprobación inicial do anteproxecto de explotación, da estrutura de custos e do estudio de viabilidade do contrato de concesión. Os documentos arriba relacionados sométense a a exposición pública durante trinta días hábiles a efectos de reclamacións, suxestións ou aportacións. No caso de non presentarse ningunha os expedientes entenderase definitivamente aprobados.

REGULAMENTO DO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES

ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN DOS SERVIZOS

Anuncio BOP 19-10-2020

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL EN PRÁCTICAS DE TITULADOS/AS UNIVERSITARIOS E DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR, AO ABEIRO DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” NOS CONCELLOS 2020

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal en prácticas, a xornada completa, dunha persoa demandante de emprego desempregada ou con tarxeta de mellora de emprego inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia, que estea en posesión da titulación de DIPLOMATURA EN XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA.

Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que aprobado polo Pleno do Concello de Meis, en sesión ordinaria celebrada o día 29-05-2020, o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, que establece a obriga de manter limpas unhas faixas de terreo de 50 metros arredor dos núcleos de poboación; ponse en coñecemento das persoas titulares das parcelas afectadas (sinaladas nos planos en cor verde), para que procedan a executar os traballos de limpeza pertinentes, con obxecto de evitar os riscos de posibles incendios forestais. (máis…)

PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 21 de febreiro de 2020, unha subvención por importe de 108.905,49 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas durante 8 meses, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018). (máis…)