Na Resolución de Alcaldía 2022-0162 do 20/04/2022, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación interina dunha persoa na categoría de ordenanza e a confección dunha listaxe de reserva na mesma categoría mediante o sistema de concurso oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://meis.sedelectronica.gal).
Acceso ao taboleiro de anuncios
CAMBIO DE DATA DO SEGUNDO EXERCICIO
Martes 21 de xuño ás 12:00 h no Centro Multiusos do Mosteiro.




