Vertidos impropios na depuradora de Lantañón

MARTA GIRALDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que o Concello de Meis conta cunha rede de sumidoiros que conduce os vertidos á depuradora de Lantañón, procedentes das vivendas correspondentes aos lugares de Pompeán, A Goulla, O Noval, Latañón, As Portelas e Vilanoviña, na parroquia de Paradela.

Que esta depuradora, unha vez máis, está a sufrir avarías moi graves que precisan de reparacións moi caras, debido á presencia nos vertidos de compresas, toalliñas, trapos de cociña, etc.

 

Xa que logo, apelo á colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da depuradora evitando tirar eses resíduos impropios da rede de saneamento.

O que fago público para xeral coñecemento.

Convocatoria de proceso selectivo para a provisión de dous postos de persoal de limpeza en xeral

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal a xornada completa e por un período de 6 meses, mediante un contrato laboral temporal de obra ou servizo determinado, de dúas persoas como operarios limpeza en xeral para prestar servizo en distintas dependencias e instalacións do Concello para o que será necesario estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañada do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases estarán publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).

Presentación de instancias: Prazo de 5 días naturais contados desde a publicación do anuncio neste xornal.

A Alcaldesa.

Bases

Anuncio prensa

Lista definitiva aspirantes, data constitución tribunal e data de realización das entrevistas Publicada o 18/12/2019

Acta do tribunal, coa puntuación definitiva, proposta de contratación e bolsa de emprego

Contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal a xornada completa e por un período de 3 meses, mediante un contrato eventual por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas oficinas municipais, para o que será necesario estar en posesión do título de FPII, bacharelato ou equivalente.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañada do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases estarán publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).

Presentación de instancias: Prazo de 5 días hábiles contados desde a publicación do anuncio neste xornal.

Anuncio Prensa

Bases da convocatoria

Lista provisional aspirantes admitidos e excluídos Publicada o 07/08/2019

Anuncio lista definitiva aspirantes, data constitución tribunal e data de realización das entrevistas Publicado o 13/08/2019

Publicación puntuacións   Publicado o 22/08/2019

Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Lamas do ano 1797

A restauración do cruceiro de Lamas, sito en San Martiño de Meis, chegou ao seu fin. O elemento conta coa máxima protección ao ser Ben de Interese Cultural e está datado no século XVIII. Esta obra, por valor de 8.409 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de Pontevedra para Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Lamas do ano 1797 ao abeiro das subvencións para “Rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural ano 2018”.