Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 43.393,34 € con destino á “AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS” , incluídas na liña 2  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

COMEZA UN CURSO DE ROZADORAS EN MEIS

José Luis di que con este tipo de cursos auméntase o coñecemento destes alunmos no manexo deste tipo de maquinaria, ao mesmo tempo que se consegue que aprendan a avitar posibles accidentes laborais

No día de hoxe José Luis Pérez estivo a facer unha visita a modo de inauguración ao recente curso que comezou este pasado luns de rozadoras e que se está impartindo na casa da cultura do concello, nesta visita o alcalde puido comprobar a gran acollida que teñen este tipo de cursos xa que o concello de Meis é o concello con máis extensión da comarca sendo a maior parte zonas rurais con abundante vexetación. Este curso esta dirixido a traballadores en xeral e a desempregados tendo unha duración de 40 horas teoríco prácticas de 16:00 h a 21:00 h. As clases prácticas serán de 6 h coa máquina non exterior e tamén haberá prácticas na aula onde aprenderase sobre seguridade, pezas, montaxe e desmontaxe e reperación dá rozadora. Ou remate vos alumnos recibirán un certificado do curso.

O CONCELLO REABILITA A CASA DE PORTA PÍSÓN

O alcalde de Meis José Luis Pérez acompañado da concelleira Ofelia Barral pasáronse a revisar como se atopa o estado das reformas das obras que se están realizando na casa situada na área recreativa de Porta Pisón na parroquia de San Tomé de Nogueira

Esta casa que se atopa situada nun enclave único, xa que está rodeada de natureza cun río que na súa canle pódense gozar de piscinas naturais, dispoñendo de mesas e bancos para completar unha estancia agradable, pero ao longo dos anos esta casa sufriu númerosos actos vandálicos, por este motivo desde o concello o alcalde José Luis Pérez quixo darlle valor a este enclave natural reacondicionando novamente estas instalacións para as cales  tivo que investir unha cantidade de aproximadamente 3000€ en traballos de carpintería que tiveron que realizar unha empresa externa e agora o concello encargásese do tema eléctrico, pintura, e terminar canto antes esta rehabilitación xa que son innumerables todos os usos que se lle poden dar.
José Luis Pérez aposta por optimizar todos os recursos  co que este concello dispón, para o goce de todos os seus veciños e veciñas.

Contratación laboral temporal por servicio determinado dunha persoa como administrativo

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal por servicio determinado dunha persoa como administrativo para realizar tarefas nas oficinas xerais do Concello; para o que será necesario estar en posesión do título de FP2º grado ou bacharelato.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañado do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases se encontran publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal)

Presentación de instancias: No prazo de 6 días hábiles, contados desde a publicación do anuncio nun xornal.

Anuncio prensa

bases da convocatoria

Decreto Lista admitidos

O ALCALDE JOSÉ LUIS PÉREZ E A CONCELLEIRA OFELIA BARRAL CELEBRAN O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA COS NENOS E NENAS DO COLEXIO CPI MOSTEIRO

Con gallo do Día Da Poesía e da Árbore,  o alcalde de Meis José Luis Pérez e a concelleira Ofelia Barral acompañaron a un grupo de alumnos e alumnas do CPI Mosteiro  que na mañá de hoxe axudaron a plantar catro árbores na Avenida de Cambados, os alumnos e alumnas puideron participar de forma directa na plantación con palas, sachos e escobóns.

Unha actividade didáctica que gustou moito os escolares e ademais concienciounos na importancia que supón o coidado do medio ambiente e en concreto das árbores. Ao rematar procederon a lerlle ás árbores uns poemas de Antonio Machado e de Rosalía de Castro entre outros, conmemorando así  tamén o Día da Poesía.

José Luis Pérez comentou que este tipo de actividades ensinan a os nenos a coidar a natureza ao mesmo tempo que aprenden a reforestar e a importancia que as arbores teñen no ecosistema.

O CONCELLO DE MEIS CONTARA CUN REFORZO DE 9 TRABALLADORES

O concello de Meis fará unha seleccion de persoal nos vindeiros días para a contratación de 9 operarios divididos do seguente xeito 1 canteiro, 2 albaneis, 1 electricista, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 carpinteiro/a, e dous peóns de obras públicas en xeral a xornada comleta durante 8,5 meses grazas ao PLAN CONCELLOS 20018-2019  LIÑA 3- ( Emprego para conservación de bens e servizos municipais)

Realizaran os traballos por todas as parroquias de Meis cun custo total de 108.930.55€ dos cales subvencionados foron   105.417€ e o restante achegouno o concello, é dicir 3.513.55€.

O alcade Jose Luís Pérez cre que estes tipos de contrato son moi beneficiosos para ambas as partes, xa que os concellos non teñen grandes recursos persoais, pero si moitas necesidades e son un complemento ideal, ao mesmo tempo tamén se logra crear postos de traballo dentro do municipio nuns tempos moi difíciles.

ACTUACIÓNS NO CAMPO DE FÚTBOL O LEIXO

O alcalde José Luis Pérez visitou estes días varias das instalacións deportivas repartidas polo municipio, entre as cales se atopaba o Campo de Fútbol O Leixo

José Luis Pérez realizou unha visita ao campo de fútbol O Leixo en compañía do representante da empresa de construcións metálicas que vai ser a encargada de acometer as obras de cerramento dos novos vestiarios cos que contará este campo de fútbol.

O alcalde transmitiulle neste encontro como quería que se realizase a obra e  a présa na súa realización, xa que esta é unha demanda das máis urxentes do Club de Fútbol da Armenteira, debido a que ao incorporar ás súas filas equipos femininos teñen a necesidade de ampliar os seus vestiarios e dar un servizo demandado nestes momentos.

A actuación que se vai a realizar nestas instalaciónes é de portas metálicas e xanelas de aluminio similares ás xa existentes no vestiario contiguo, reforzando a seguridade cunhas reixas metálicas nas xanelas.

Cabe lembrar que aínda que a sensación é de que non se está actuando nestas instalacións, o alcalde José Luis Pérez quere recalcar e tranquilizar aos socios , veciños e veciñas de “como moi ben sabe a directiva do Club desde este Concello poden contar con todo o meu apoio incondicional do mesmo xeito que os demais clubs e asociacións deste municipio,  comprobárono ao longo destes meses,  xa que realizamos traballos que non están perceptibles á vista, pero son moi necesarios como foi o caso da avaría na motor da auga que deixou sen subministro a estas instalacións en varias ocasións o cal se cambiou por un totalmente novo, e a instalación dos canlóns da recollida de auga que ao estar deteriorados filtraban a auga alagando as instalacións e prexudicando ao cadro eléctrico”.

Como di Pérez “os meus veciños saben que estou á súa disposición as 24 horas do día, todos teñen o meu teléfono e desprázome en todo momento onde me soliciten”

O ALCALDE DE MEIS RECIBE A CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL ÁNGELES VÁZQUEZ

A visita da Conselleira debeuse  a iniciativa dunha parella de xóvenes emprendedores, veciños do Concello, de acondicionar un minifundio para labores de explotación agrícola.

O proxecto é parte da iniciativa do Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) e das axudas da Xunta de Galicia para a incorporación de xóvenes agricultores.

O Alcalde José Luis Pérez estivo  na Parroquia de San Salvador de Meis acompañando a una parella de xóvenes emprendedores do Concello que lle insinou as labores de acondicionamento dunha terra que vai ser utilizada para a explotación agrícola, neste caso unha plantación de tomates

A  iniciativa da xoven parella non foi algo novo para eles xa que posúen  outras dúas explotacións tanto de leitugas como de pementos de Padrón baixo o nome da súa empresa “Hortamanda”. Esta nova explotación poríase en marcha no prazo de un mes e acollería plantacións de tomates, das clases corazón de boi, tomate negro de Santiago e tomate do país.

Á cita acudeu a Conselleira para o Medio rural Ángeles Vázquez que destacou a Meis como un Concello onde a climatoloxía é idónea para calquera tipo de plantación agrícola , ademáis dos viñedos, abundantes na zona, permitindo cultivar durante todo o ano por ter unas temperaturas suaves incluso na estación de inverno, creando así máis postos de traballo e contribuíndo a diversificción da producción agraria. Para este fin a Xunta contará este ano cun orzamento que chegará ós 65 millóns de euros. En esta cuestión estaba totalmente dacordo o Alcalde José Luis Pérez o cal se referiu ó medio rural como “razón de ser do Concello de Meis” e recordou que Meis ademáis de posuir unas características climatolóxicas idóneas, é o Concello máis grande da comarca do Salnés.

A Conselleira fixo fincapé na importancia que teñen este tipo de proxectos no plan da Xunta de Galicia, e que Concellos e Administración traballan para axudar  ós xóvenes que se qeren adicar a Horta como medio de vida . Subliñou que o pasado ano foron un total de 466 xóvenes que decidiron  adicarse ó ámbito agrario na nosa comunidade, poñendo en funcionamento terras que se encontraban en situación de abandono con un fin agrícola.

A partir de aquí, a Conselleira comentou a necesidade de ter un Selo que nos identifique como “Horta de Galicia”, xa que os nosos productos son recoñecidos tanto dentro como fóra da nosa comunidade ,pola calidade e sabor que os identifica e que só é posible gracias as condicións do noso territorio, e sinalou ó Alcalde como peza clave para que se leven a cabo este tipo de proxectos.

Aproveitando a presenza da Conselleira do Medio Rural o Alcalde José Luís Pérez quixo facer referencia a ley de Parcelarias , pedíndolle que se axilizasen os procesos administrativos que actualmente se encontran bastante parados. Pola súa banda a Conselleira sinalou ó Concello de Meis como un dos Concellos agraciados no que os trámites parcelarios se levan con maior axilidade, xa que ten en marcha una serie de concentracións parcelarias que ó mesmo tempo dependen de una serie de estudos mediomabientais e sinalou a Meis como Concello exemplar en este ámbito.

O CONCELLO DE MEIS CELEBRA O SEU ENTROIDO DE 2018

Eran as 16.30 e na casa da Cultura do Concello xa había afluencia, xa se respiraba ambiente de entroido en todos os recunchos. Nenos e maiores acudían a inscribirse cada un na súa categoría para participar no concurso de entroido que cada ano esperan con ilusión  familias enteiras de Meis.

Este ano, a diferencia dos anteriores  o xurado valorou a posta en escea nun pasarúas que encheu de cor e diversión o traxecto ate o pavillón municipal,  valorouse tamén o deseño e a dificultade tanto dos traxes coma das carrozas que os acompañaban, este ano especialmente complicado dada a calidade dos deseños  que se presentaron, por ese motivo tívose que engadir un cuarto premio nas categorías de grupo, tanto  infantil como adulto.

A saída dos participantes foi ás seis da tarde dende o mesmo centro cultural e cada comparsa danzou e divertiuse a reo ate a súa chegada ó pavillón donde foron recibidos polo público asistente. Os encargados de amenizar a festa  foron BBC Animacións e eventos, e na cantina do pavillón nenos e maiores puideron degustar os doces típicos desta época do ano como orellas e filloas entre moitos outros.

O Alcalde José Luis Pérez non quixo perderse a festa e ó redor das 8 e media da tarde facía  a entrega dos premios que foron os seguintes:

 

PREMIOS INFANTILES

 

  • De 4-7 anos

1º PREMIO: MARCIANO PLANETA PLATA

 

  • De 8-11 anos

1º PREMIO : O HOME DO MUÍÑO

2º PREMIO: LORITO REAL

3º PREMIO: A RAÍÑA DAS VOLVORETAS

 

  • Parellas

1º PREMIO: BOMBEIROS

2º PREMIO: TELEPIZZA

3º PREMIO: GUERREIROS

 

  • Grupos

1º PREMIO: CASTREXOS CELTAS

2º PREMIO: GOTTHANPA

3º PREMIO: PRAGA DO PICUDO VERMELLO

4º PREMIO: VIAXE GALÁTICA DO ANEXO

 

PREMIOS ADULTOS

 

 

  • Individual

1º PREMIO: VELLAS RELIQUIAS

2º PREMIO: PAPA PACO

3º PREMIO: ATRAPA UN RATO

 

  • Parella

1º PREMIO: XOGADOR E CAMPO DE GOLF

  • Grupos

1º PREMIO: DE VODA EN PARÍS

2º PREMIO: ENTROIDO DE MORTE

3º PREMIO: CORNAZO VILLE

4º PREMIO: BOSQUE ENCANTADO