Na Resolución de Alcaldía 2022-0362 do 22/07/2022, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do procedemento de selección para a contratación dunha persoa, funcionaria interina, na categoría de administrativo e a formación dunha bolsa de contratación na mesma categoría polo procedemento de concurso-oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.


As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://meis.sedelectronica.gal).

Acceso ao taboleiro de anuncios

Acceso á solicitude de participación no procedemento