Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Lamas do ano 1797

A restauración do cruceiro de Lamas, sito en San Martiño de Meis, chegou ao seu fin. O elemento conta coa máxima protección ao ser Ben de Interese Cultural e está datado no século XVIII. Esta obra, por valor de 8.409 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de Pontevedra para Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Lamas do ano 1797 ao abeiro das subvencións para “Rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural ano 2018”.

Aprobación inicial da modificación puntual nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meis

O Pleno Municipal en sesión celebrada o día 29 de novembro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao documento de modificación puntual nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por “espinosa&rodríguez architects projets mangers S.L.”, que non resulta sometido ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica por Resolución do 5 de xullo de 2018 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. (máis…)

Contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas instalacións da biblioteca e área cultural do Concello; para o que será necesario estar en posesión do título de FP2º grado ou bacharelato.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañando do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases se encontran publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).

Presentación de instancias: No prazo de 5 días naturais contados desde a publicación do anuncio nun xornal.

Anuncio Prensa

Bases da convocatoria

Decreto Lista admitidos

Publicación puntuacións

Contratación laboral temporal por servicio determinado dunha persoa como administrativo

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal por servicio determinado dunha persoa como administrativo para realizar tarefas nas oficinas xerais do Concello; para o que será necesario estar en posesión do título de FP2º grado ou bacharelato.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañado do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases se encontran publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal)

Presentación de instancias: No prazo de 6 días hábiles, contados desde a publicación do anuncio nun xornal.

Anuncio prensa

bases da convocatoria

Decreto Lista admitidos

Mellora de camiños municipais nos lugares de Lamas, A Laxe e Penente

Data: 21/06/2016

Licitación: Procedemento negociado sen publicidade do contrato da obra Mellora de camiños municipais nos lugares de Lamas, A Laxe e Penente (Meis).

Decreto aprobación expediente e invitación empresas: 2016-06-21

Data presentación ofertas: 8 días naturais dende a solicitude das ofertas.

Proxecto: Pinchar aquí

Adxudicación: 21-07-2016

Formalización do contrato: 28-07-2016

Campo de fútbol de céspede sintético do Mosteiro – Meis

Data: 02/05/2016

Licitación: Procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria, do contrato da obra Campo de fútbol de céspede sintético do Mosteiro – Meis.

Decreto aprobación expediente : 2016-04-28

Data presentación ofertas: 26 días naturais dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

Proxecto: Pinchar aquí

Publicación no BOP: 06/05/2016

Apertura de proposicións:

Apertura sobre A: 02/06/2016

Apertura sobre B: 08/06/2016

Apertura sobre C: 07/07/2016

Acta outorgamento de puntuacións e propostas de adxudicación: 14/07/2016

Adxudicación:  22/07/2016