As entrevistas celebraránse o vindeiro luns 12 de xullo ás 9 da mañá no Centro Multiusos.
As entrevistas celebraránse o vindeiro luns 12 de xullo ás 9 da mañá no Centro Multiusos.

A restauración do hórreo da Gándara, en San Martiño de Meis, chegou ao seu fin. Esta obra, por valor de 16.746,40 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de POntevedra para Restauración e conservación do hórreo da Gándara ao (máis…)
Dende o 27 de marzo ata o 26 de abril de 2021 está aberto o prazo para presentación de ofertas para a contratación da concesión de servizos para a xestión do albergue municipal de camiñantes e peregrinos “San Ero A Armenteira”.
Máis información: pinchar aquí
Na Resolución de Alcaldía 2021-0148 do 11/03/2021, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para confeccionar unha listaxe de reserva para contratacións temporais na categoría de traballador/a social mediante o sistema de concurso oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://meis.sedelectronica.gal).
CONVOCATORIA PUBLICADA NO BOPPO Nº55 DE DATA 23/03/2021
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DENDE O 24/03/2021-02/04/2021
DATA DO PRIMEIRO EXAME 22/04/2021 ÁS 12:00 H NO CENTRO MULTIUSOS DO MOSTEIRO
DATA DO SEGUNDO EXAME 07/05/2021 ÁS 9:30 H NO CENTRO MULTIUSOS DO MOSTEIRO
A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Meis unha subvención por importe de 109.968,48 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2021 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS, para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 1 do luns 4 de xaneiro de 2020).
Os contratos serán a xornada completa e terán unha duración de 8 meses.
As ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días son as seguintes:
|
OCUPACIÓN |
Nº POSTOS |
CÓDIGO |
|
Albaneis |
2 |
7121 |
|
Electricista |
1 |
7510 |
|
Fontaneiro/a |
1 |
7221 |
|
Pintor/a |
1 |
7212 |
|
Carpinteiro/a |
1 |
7131 |
|
Peón obras públicas en xeral |
2 |
9601 |
|
Peón forestal |
1 |
6410 / 9543* |
*Recibida aclaración do Servizo Público de Emprego informamos que o código de ocupación do posto de peón forestal relativa a esta oferta é o 9543.
Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a situación da súa inscrición no Servizo Público de Emprego de Cambados.
Polo Pleno Municipal en sesión do 2 de outubro de 2020, adoptouse o acordo de: aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables; e aprobación inicial do anteproxecto de explotación, da estrutura de custos e do estudio de viabilidade do contrato de concesión. Os documentos arriba relacionados sométense a a exposición pública durante trinta días hábiles a efectos de reclamacións, suxestións ou aportacións. No caso de non presentarse ningunha os expedientes entenderase definitivamente aprobados.
O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal en prácticas, a xornada completa, dunha persoa demandante de emprego desempregada ou con tarxeta de mellora de emprego inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia, que estea en posesión da titulación de DIPLOMATURA EN XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA.
Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do
Concello de Meis (Pontevedra)
FAGO SABER:
Que aprobado polo Pleno do Concello de Meis, en sesión ordinaria celebrada o día 29-05-2020, o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, que establece a obriga de manter limpas unhas faixas de terreo de 50 metros arredor dos núcleos de poboación; ponse en coñecemento das persoas titulares das parcelas afectadas (sinaladas nos planos en cor verde), para que procedan a executar os traballos de limpeza pertinentes, con obxecto de evitar os riscos de posibles incendios forestais. (máis…)