Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que aprobado polo Pleno do Concello de Meis, en sesión ordinaria celebrada o día 29-05-2020, o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, que establece a obriga de manter limpas unhas faixas de terreo de 50 metros arredor dos núcleos de poboación; ponse en coñecemento das persoas titulares das parcelas afectadas (sinaladas nos planos en cor verde), para que procedan a executar os traballos de limpeza pertinentes, con obxecto de evitar os riscos de posibles incendios forestais.

O que fago público para xeral coñecemento.

Meis_PMDIF

plano xeral

plano 0152A-0306

plano 0152A-0308

plano 0152A-0405

plano 0152A-0406

plano 0152A-0407

plano 0152A-0408

plano 0152A-0506

plano 0152A-0507

plano 0152A-0508

plano 0185A-0301

plano 0185A-0302

plano 0185A-0303

plano 0185A-0304

plano 0185A-0401

plano 0185A-0402

plano 0185A-0403

plano 0185A-0501

PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 21 de febreiro de 2020, unha subvención por importe de 108.905,49 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas durante 8 meses, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018).

Con motivo da crise sanitaria provocada polo COVID-19 tivemos que facer unha reformulación da solicitude inicial para adaptala á nova situación. A raíz desta reformulación, a Deputación de Pontevedra adoptou unha modificación do acordo inicial na súa sesión ordinaria do 22 de maio de 2020 e concedeunos unha subvención por importe de 106.909,60 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 10 persoas desempregradas durante 7 meses, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018).

Por decreto de Alcaldía de 28 de maio de 2020 resolveuse a contratación laboral temporal, a xornada completa, durante 7 meses, de 10 persoas desempregadas:           2 peóns de obras públicas en xeral, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 electricista, 2 albaneis, 2 carpinteiros/as e 1 peóns forestal. Os contratos iniciáronse o 1 de xuño de 2020.

O coste salarial total destas contratacións ascende a 110.474,00 € polo que a aportación municipal será de 3.564,40 €.

As contratacións levadas a cabo responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou para o desempeño das súas compentencias en termos razoables de eficacia.

Reapertura do Punto Limpo

Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que unha vez a situación de emerxencia sanitaria que deu lugar á declaración do Estado de Alarma se vai compoñendo, e imos cara a “Nova Normalidade” a partir do martes 26 de maio reabrirase o Punto Limpo situado no Mercado de Gando nas mesmas condicións de antes:

O Punto Limpo é exclusivamente para persoas particulares con veciñanza en Meis.

O uso do Punto Limpo está PROHIBIDO A EMPRESAS.

Os días e horas no que estará aberto o Punto Limpo son os que se indican a continuación:

Martes e Xoves: Dende as 09:00 ata as 13:00 horas.

e 3º sábado do mes: Dende as 09:00 ata as 13:00 horas.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.

 

Que facer coas mascarillas despois de usalas

Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que unha vez a situación de emerxencia sanitaria que deu lugar á declaración do Estado de Alarma se vai compoñendo, e podemos saírmos da casa a pasear por Meis, comprobamos que as mascarillas despois de usalas acaban onde non é debido: tiradas no chan.

Isto, que é unha mostra de falta de civismo, nas actuais circunstancias é un grave problema de sáude pública.

Polo ben de toda a cidadanía comunicamos que á hora de desbotar as mascarillas os guantes e outros productos hixiénicos, hai que metelos nunha bolsa única pechada dentro da bolsa do lixo que vai ao colector verde.

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.

 

Atención ao público no Concello de Meis

Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que logo da declaración do estado de alarma polo RD 463/2020, e seguindo as Recomendacións da FEGAMP aos Concellos para a reanudación da actividade no contexto da crise do COVID-19, a partir do luns 18 de maio o persoal municipal estará traballando a porta pechada na Casa do Concello.

Recoméndase a realización de trámites a través da sede electrónica meis.sedelectronica.gal e as consultas telefónicas chamando ao número 986712001 (De 9 a 14 horas os días laborables).

Que a atención presencial nas dependencias municipais realizarase a través de cita previa, contactando mediante correo electrónico ou chamada telefónica segundo se indica a continuación:

Servizo / Persoa de contacto

 

Teléfono

 

Correo electrónico

Rexistro Xeral/ Rosana Sanz

986712001/

615522463

correo@meis.gal

Padrón de Habitantes-Certificados de Bens/ Jose Blanco

615522462

jose.blanco@meis.gal

Cultura / Javier Martínez

615299817

javier.martinez@meis.gal

Servizo Xurídico/ Pedro Pérez

(De luns a mércores)

615299833

servizoxuridico@meis.gal

Traballadora Social /Ana Vázquez

615522460

traballador.social@meis.gal

Educadora Familiar /Celia Frieiro

615299895

educadora.familiar@meis.gal

Urbanismo/ María Doce

615522461

maria.doce@meis.gal

Arquitecto/ Dani Rubio

615522451

urbanismo@meis.gal

Secretaría Xeral/ Carmen Merino

615522459

secretaria@meis.gal

Secretaría/ Ramón Fariña

615522454

ramon@meis.gal

Tesoureiría /Romi Cores

615522455

contabilidade@meis.gal

Intervención/ Mary Carracelas

615522453

intervencion@meis.gal

Técnico de Emprego/ Mary Carmen Rey

615522456

tecnico.emprego@meis.gal

O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.

BANDO INFANTIL

 Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que logo de telo estudado e consultado con moitas familias do municipio, temos razón para pensar que as nenas e os nenos de Meis están a ser os que mellor se están a portar de toda a contorna. xa que están a ser moi valentes e obedientes, cumprindo coas normas do estado de alarma, lavando as mans moitas veces ao día (malia que hai quen se escaquea) e non saíndo da casa nin sequera para algo tan importante como celebrar coas súas amizades o seu aniversario.

Que grazas a este comportamento tan responsable estamos conseguindo mellorar pouquiño a pouco a situación e que menos persoas se poñan maliñas.

Que esta actitude merece un premio que compense a tremenda inxustiza que é non poder celebrar un día tan importante coas amizades.

Por todo iso, esta Alcaldía ACORDA

Que cando todo isto remate e poidamos volvernos xuntar moita xente, o Concello de Meis vai organizar a maior festa de aniversario da historia de Meis, para celebrar tódolos “cumpres” desta época de confinamento e que estarán convidadas e convidados tódalas nenas e tódolos nenos do noso concello.

Queremos aproveitar este bando para dárvo-las grazas pola vosa paciencia e pedirvos que sexades fortes e aguantedes un pouquiño máis, porque estamos moi orgullosas/os do que estades facendo.

O que fago público para xeral coñecemento.

 

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 48.913,68 € con destino ó investimento “SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO PARA LIMPEZA DO VIARIO MUNICIPAL” , incluído na liña 1 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra –Servizo de Cooperación.