O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal a xornada completa e por un período de 6 meses, mediante un contrato laboral temporal de obra ou servizo determinado, de dúas persoas como operarios limpeza en xeral para prestar servizo en distintas dependencias e instalacións do Concello para o que será necesario estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.
A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañada do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases estarán publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).
Presentación de instancias: Prazo de 5 días naturais contados desde a publicación do anuncio neste xornal.
A Alcaldesa.
Lista definitiva aspirantes, data constitución tribunal e data de realización das entrevistas Publicada o 18/12/2019
Acta do tribunal, coa puntuación definitiva, proposta de contratación e bolsa de emprego
O Concello de Meis foi beneficiario por parte da Consellería de Política Social dunha axuda para o Investimento na Mellora das Infraestruturas e do Equipamento da ESCOLA INFANTÍL 0-3 cofinanciada polo FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL no marco do PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020
A restauración do cruceiro de Brea, sito en San Lourenzo de Nogueira, chegou ao seu fin. O elemento conta coa máxima protección (máis…)
O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal a xornada completa e por un período de 3 meses, mediante un contrato eventual por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas oficinas municipais, para o que será necesario estar en posesión do título de FPII, bacharelato ou equivalente.
A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañada do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases estarán publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).
Presentación de instancias: Prazo de 5 días hábiles contados desde a publicación do anuncio neste xornal.
Lista provisional aspirantes admitidos e excluídos Publicada o 07/08/2019
Anuncio lista definitiva aspirantes, data constitución tribunal e data de realización das entrevistas Publicado o 13/08/2019
Publicación puntuacións Publicado o 22/08/2019
A alcaldesa, Marta Giráldez Barral, mostra o seu pésame pola perda dunha gran figura da interpretación
O Concello de Meis únese á dor pola morte do actor Eduardo Fajardo, meisino de nacemento (O Mosteiro – agosto 1924), falecido en México, onde residen os seus fillos. (máis…)
O Pleno da corporación municipal, mediante acordo adoptado na sesión de data 29.11.2018, aprobou inicialmente o inventario correspondente ós Bens Inmobles (urbanos e rústicos), Víais Públicos Municipais e outros bens (lavadoiros e fontes) do concello de Meis. (máis…)
A restauración do cruceiro de Lamas, sito en San Martiño de Meis, chegou ao seu fin. O elemento conta coa máxima protección ao ser Ben de Interese Cultural e está datado no século XVIII. Esta obra, por valor de 8.409 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de Pontevedra para Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Lamas do ano 1797 ao abeiro das subvencións para “Rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural ano 2018”.
O Pleno Municipal en sesión celebrada o día 29 de novembro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao documento de modificación puntual nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por “espinosa&rodríguez architects projets mangers S.L.”, que non resulta sometido ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica por Resolución do 5 de xullo de 2018 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. (máis…)
O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas instalacións da biblioteca e área cultural do Concello; para o que será necesario estar en posesión do título de FP2º grado ou bacharelato.
A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañando do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases se encontran publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).
Presentación de instancias: No prazo de 5 días naturais contados desde a publicación do anuncio nun xornal.