Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2013

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 40.620,85 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “AMORTIZACIÓN ANTICIPADA DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS”, dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2013.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Concentracións parcelarias

EXPOSICIÓN DOS PLANOS DAS BASES DEFINITIVAS DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE NOGUEIRA

LUGAR. Centro Cultural de San Lourenzo de Nogueira, lugar de Fontenla nº 2-A, na beira da estrada de Pontevedra a Vilagarcía de Arousa.

HORARIO: De martes a domingo
Mañás: De 09:00 a 13:00 horas
Tardes: De 15:00 a 21:00 horas

Os planos tamén se poden consultar na páxina web da empresa que fixo a parcelaria: Nortagro.

http.//www.nortagro.com/descargas.htm
Remate da exposición o 6 de xullo de 2013

Enlaces

Proxecto REPOBLAR

¿Qué é Repoblar?

Repoblar, Rede Pontevedra Banda Larga Rural, é a rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, para cohesionar o territorio, potenciar os seus recursos e achegar a Sociedade da información a toda a poboación da provincia.

O Operador

A Deputación de Pontevedra adxudicou o desenvolvemento da rede Repoblar ó operador de telecomunicacións Iberbanda, quen a través da súa marca tngo, comercializará os servizos de internet de alta velocidade e telefonía na provincia.

Iberbanda é o operador de telecomunicacións de referencia en todo ámbito rural, chegando a onde outros non o fan.

A Cobertura
Repoblar cubrirá, antes de rematar o ano, o 96% da poboación dos 55 concellos adheridos ó proxecto.

A Tecnoloxía Wimax

A rede REPOBLAR utiliza unha tecnoloxía de comunicación sen fios por ondas de radio – a tecnoloxía WIMAX – que permite o acceso a internet e telefonía de xeito independente ás liñas de telefonía convencional.

 

Chama, infórmate e contrata no 1632 – teléfono gratuíto.

 

Servizos

Se vives no rural, ou se a túa empresa non ten acceso á alta velocidade, e se queres o mellor prezo de banda larga do mercado, tes a solución nas túas mans.

 

Enlaces: Pinchar aquí

Gripe A

GRIPE A (H1N1): COMO EVITAR CONTAXIARSE OU CONTAXIAR

1.-A lavar as mans! Esta é a principal medida de hixiene.

2.-Limpar a diario mobles, tiradores de portas, obxectos etc., onde o virus pode permanecer de horas a días

3.-Tapar a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar e evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.
Boca e nariz tapadas ao tusir ou esbirrar

4.- Se está con gripe: quede na casa ata pasar 24 horas sen febre despois de deixar o
tratamento para baixala.

5.-Se non ten gripe e é época de gripe: evite os lugares onde haxa moita xente, especialmente se pertence a un grupo de risco, xa que é mais fácil contaxiarse.

6.- Durma ben, teña unha alimentación saudable, beba auga, leve unha vida fisicamente activa e evite as bebidas alcohólicas e o tabaco.

Importante:  Se ten síntomas da enfermidade contacte cos servizos sanitarios a través do número de emerxencias sanitarias 061 ou chamando ao
telefono 902 400 116 (liña directa a partires do 14 de setembro)

FACTORES DE RISCO

-Embarazo (especialmente no segundo e terceiro trimestre)
-Enfermidades cardiovasculares crónicas (excluíndo a hipertensión)
-Enfermidades respiratorias crónicas (que inclúe asma, displasia broncopulmonar e fibrose quística e asma moderada-grave persistente)
-Diabetes mellitus tipo I e tipo II con tratamento farmacolóxico Insuficiencia renal moderada-grave
-Hemoglobinopatías e anemias moderadas-graves
-Asplenia
-Enfermidade hepática crónica avanzada
-Enfermidades neuromusculares graves
-Inmunodepresión (incluída a orixinada polo VIH, fármacos ou receptores de transplantes)
-Obesidade mórbida
-Persoas menores de 18 anos de idade a tratamento crónico con aspirina, para evitar a síndrome de Reye

SINTOMAS

Nos nenos:

Respiración rápida ou dificultosa.
Cor gris azulada da pel.
Non beber suficientes líquidos.
Vómitos persistentes.
Non despertar ou non interactuar.
Estar moi irritable.

Nos adultos:

Dificultade para respirar ou dor no peito.
Cor púrpura ou azul dos beizos.
Ter vómitos e non reter líquidos e ter signos de deshidratación, como mareos ao estar de pé, non ouriñar.
Ter convulsións.

Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade

TES+BUS

Trátase do Programa de transporte escolar compartido, co que a Xunta de Galicia facilita os seus desprazamentos á poboación de zonas con escasos servizos de transporte público.
Nas rutas seleccionadas calquera persoa da zona poderá dispor das prazas libres do transporte escolar nos traxectos ata as vilas onde se atopan os colexios, atendendo sempre as indicacións da persoa acompañante dos escolares que viaxan no autobús.
Descargar: DIPTICO_Meis