Máis de 50 xogadores de todas as idades disputan esta primeira edición enmarcada nas Festas patronais de San Bieito

Este xoves 6 de xullo celebrouse na parroquia de Mosteiro do Concello de Meis o “I Torneo de Xadrez Concello de Meis”, cun número destacado de participantes para ser a primeira edición do torneo e disputarse nun día laboral pola mañá.

A competición deu comezo ás 10 da mañá e alongar ata as 13:30 horas, disputándose un total de 6 partidas cun ritmo de xogo rápido de 10 minutos para cada xogador e un incremento de 5 segundos por cada xogada realizada.

Se falamos de que a participación foi alta en número de xogadores, outro dato para destacar, é o nivel dos mesmos e a gran variedade de idades que se puideron ver esta mañá no Campo dá feira de Mosteiro, xa que xogadores de gran nivel como o Campión Galego Sub 12 e Subcampión de España Sub 10 Rubén Fernández López encabezaron o ránking inicial do torneo, tendo fortes rivais que lle disputarían a vitoria final,  como o Subcampión Galego Sub 14 Anxo Ferreño ou o forte xogador veterano de Vilagarcia Luís Diéguez. Estes son só uns poucos nomes da listaxe de fortes xogadores que tivo o torneo.

Para terminar co apartado das estatísticas, dicir que o xogador máis novo tiña 7 anos e o maior contaba con 62 polo que é un dos maiores atractivos do xogo-ciencia, xa que en xadrez todos poden compartir as 64 casas dun taboleiro ao redor de 32 pezas para xogar unha partida e divertirse.

Pasando ao terreo de resultados, a emoción por descubrir ao gañador estivo presente ata as últimas partidas nas que Anxo Ferreño demostrou un maior nivel de xogo que os demais e conseguiu impoñerse gañando as 6 partidas disputadas e quedando Campión en solitario.

No pódium dos gañadores, seguíronlle Mateo Stephen Hansen xogador dos Estados Unidos que aproveito as súas vacacións en Galicia para coñecer o concello de Meis e poder así disputar un torneo de xadrez acabando subcampión cun total de 5 puntos. O terceiro clasificado foi o xogador de Pontevedra Francisco Javier Belo Abuin con 5 puntos de 6 posibles. Rubén Fernández empato a puntos cos 3 primeiros clasificados pero quedou ás portas dos trofeos.

Entregáronse trofeos aos 3 primeiros clasificados e unha medalla conmemorativa do evento a todos os participantes. Proporcionado todo iso polo Concello de Meis que foi o organizador do torneo, e o cal tras esta primeira edición e de palabras da Segunda tenente de alcalde e concelleira de mocidade, cultura, educación e deportes Dna. Ofelia Barral, a competición ten futuro e desde a institución trabállase para retomar a actividade de xadrez como se tivo en anos pasados na localidade, o alcalde José Luis Pérez non quixo perder a oportunidade de expresar a súa satisfacción tras este evento e agradeceu aos organizadores e sobre todo aos participantes a súa implicación e recoñece abertamente que o evento foi un éxito rotundo o que vén demostrar o que Pérez vén dicindo os últimos anos “MEIS E OUTRA COUSA”