Clausurouse a 1e máis a 2 fase do Curso de Monitor de Fútbol Basee que se está celebrando no concello de Meis, nesta primeira fase estaban anotados un total de 18 (unha cifra marabillosa) alumnos e na segunda un total de 15 cifra nada despreciable de varias localidades desde Catoira ata o Grove e por suposto unha gran participación de veciños de Meis.
Este foi o primeiro curso na Delegación de Pontevedra en formato INTENSIVO, o coordinador do curso foi o adiestrador con título Nacional José Luis Uhía “Piscis”, o cal fixo fincapé na actitude dos alumnos e destacou as estupendas instalacións que achego o concello de Meis para realizar estes cursos.
Á entrega dos diplomas ademais do adiestrador e directivos da Federación Galega de Fútbol tamén asistiu o alcalde de Meis José Luis Pérez e a concelleira de cultura e deportes Ofelia Barral, Pérez no seu discurso aos alumnos destacou a profesionalidade nos seus ensinos unha vez remataron o curso, xa que son parte da educación e o traballo en grupo dos novos deportistas e animounos a que poñan en práctica o aprendido estes días e transmítanllo aos demais, ao mesmo tempo que tamén os animou a que sigan ascendendo nos seus coñecementos ademais está moi satisfeito que neste curso haxa presenza feminina xa que contabamos con 2 alumnas que tamén realizaron o curso, rompendo tabús.
O alcalde José Luis Pérez agradece á Federación Galega de Fútbol o seu compromiso co concello de Meis e que pensasen neste Concello para realizar este primeiro curso INTENSIVO.