Meis despachou toda a totalidade dos callos prepaparados

A programación festival das festas de San Bieito e San Cristovo pecha co bo sabor de boca da afluencia masiva á degustación

Os callos volveron ser o protagonista das festas de San Bieito e San Cristovo, que culminaron este domingo en Mosteiro (Meis). A cita gastronómica, que despachou a totalidade dos callos preparados un dos pratos máis típicos de Galicia, pechou así unha programación que arrancou o sabado día 1 de xullo co pregón do  humorista da TVG ISI.

Satisfacción no Concello de Meis polo éxito dun pregón inaugural que abarrotou o Auditorio do Centro Cultural e tamén cunha xornada de domingo no que o tempo axudou e se produciron escenas como a chegada de autobuses repletos de público disposto a gozar dos callos de Meis.

A gran carpa onde se situaron as mesas estivo moi concorrida dun público no que tamén había moitos grupos organizados que reservaron grandes mesas aproveitando así as facilidades que deu a organización. Entre o público asistente estivo o alcalde, José Luis Pérez, e varios dos concelleiros do grupo de goberno e neste caso tamen acompañado polo alcalde de Ribadumia David Castro.

Tamén moitos dos ciclistas que participaron na saída de BTT organizado polo Concello durante a mañá sumáronse á degustación, pois moitos deles quixeron repetir o aperitivo que se proporcionou a todos os “finishers”.

Os cociñeiros traballaron arreo e dispuxeron para dar de comer aos todos os  asistentes de 600 quilos de garbanzos, 300 de tenreira galega e 250 quilos de porco, ademais de panceta e chourizo, entre outros ingredientes.

O alcalde José Luis Pérez xa facia un presaxio na sua visita onte a noite de madrugada na sua visita a cociñeira que nos últimos anos leva preparando os callos, que de esta volta iamos a esgotar existencias xa que como el sempre di “MEIS E OUTRA COUSA”

Gran afluencia no I Torneo de Xadrez Concello de Meis

Máis de 50 xogadores de todas as idades disputan esta primeira edición enmarcada nas Festas patronais de San Bieito

Este xoves 6 de xullo celebrouse na parroquia de Mosteiro do Concello de Meis o “I Torneo de Xadrez Concello de Meis”, cun número destacado de participantes para ser a primeira edición do torneo e disputarse nun día laboral pola mañá.

A competición deu comezo ás 10 da mañá e alongar ata as 13:30 horas, disputándose un total de 6 partidas cun ritmo de xogo rápido de 10 minutos para cada xogador e un incremento de 5 segundos por cada xogada realizada.

Se falamos de que a participación foi alta en número de xogadores, outro dato para destacar, é o nivel dos mesmos e a gran variedade de idades que se puideron ver esta mañá no Campo dá feira de Mosteiro, xa que xogadores de gran nivel como o Campión Galego Sub 12 e Subcampión de España Sub 10 Rubén Fernández López encabezaron o ránking inicial do torneo, tendo fortes rivais que lle disputarían a vitoria final,  como o Subcampión Galego Sub 14 Anxo Ferreño ou o forte xogador veterano de Vilagarcia Luís Diéguez. Estes son só uns poucos nomes da listaxe de fortes xogadores que tivo o torneo.

Para terminar co apartado das estatísticas, dicir que o xogador máis novo tiña 7 anos e o maior contaba con 62 polo que é un dos maiores atractivos do xogo-ciencia, xa que en xadrez todos poden compartir as 64 casas dun taboleiro ao redor de 32 pezas para xogar unha partida e divertirse.

Pasando ao terreo de resultados, a emoción por descubrir ao gañador estivo presente ata as últimas partidas nas que Anxo Ferreño demostrou un maior nivel de xogo que os demais e conseguiu impoñerse gañando as 6 partidas disputadas e quedando Campión en solitario.

No pódium dos gañadores, seguíronlle Mateo Stephen Hansen xogador dos Estados Unidos que aproveito as súas vacacións en Galicia para coñecer o concello de Meis e poder así disputar un torneo de xadrez acabando subcampión cun total de 5 puntos. O terceiro clasificado foi o xogador de Pontevedra Francisco Javier Belo Abuin con 5 puntos de 6 posibles. Rubén Fernández empato a puntos cos 3 primeiros clasificados pero quedou ás portas dos trofeos.

Entregáronse trofeos aos 3 primeiros clasificados e unha medalla conmemorativa do evento a todos os participantes. Proporcionado todo iso polo Concello de Meis que foi o organizador do torneo, e o cal tras esta primeira edición e de palabras da Segunda tenente de alcalde e concelleira de mocidade, cultura, educación e deportes Dna. Ofelia Barral, a competición ten futuro e desde a institución trabállase para retomar a actividade de xadrez como se tivo en anos pasados na localidade, o alcalde José Luis Pérez non quixo perder a oportunidade de expresar a súa satisfacción tras este evento e agradeceu aos organizadores e sobre todo aos participantes a súa implicación e recoñece abertamente que o evento foi un éxito rotundo o que vén demostrar o que Pérez vén dicindo os últimos anos “MEIS E OUTRA COUSA”

 

José Luis Pérez felicita ao Zacande Fútbol Club polo seu ascenso a 1ª Rexional e a Iago Monteagudo Campión de España K1 5000m, categoría Sub-20. Ano 2017

O alcalde José Luis Pérez quixo recoñecer os méritos obtidos no deporte por un Club no seu ascenso e a un palista nativo de Meis que sendo todavía moi novo ten un gran palmares no deporte profesional sendo campión de España en K1 5000m. da categoría Sub-20.
Para este recoñecemento citounos no Auditorio Municipal para entregarlles un agasallo  do Concello e así teñan un recordo e o agradecemento de José Luis Pérez persoalmente, e como alcalde de Meis, xa que como di Pérez, grazas ao labor destes deportistas o concello de Meis é máis recoñecido si cabe e anima á mocidade e aos non tan novos a practicar deporte. E como adoita dicir o alcalde en todas as intervencións “MEIS E OUTRA COUSA” mesmo no deporte de elite.

Inauguración exposición fotográfica e de pintura de Esperanza López Maquieira

Este fin de semana vén de facerse unha presentación  no centro cultural do concello de Meis dunha exposición fotográfica e de pintura realizada por Esperanza López, na cal se poden observar varios matices e as grandes diferenzas que ten a súa arte, ao poder comparar na súa pintura unha arte máis agresiva e dura como contrasta coa sinxeleza e a dozura dalgunha das súas fotografías.

No  acto de inauguración a representación do concello estivo a cargo da concelleira de Cultura Ofelia Barral, a cal exaltou as calidades  humanas e artísticas de Esperanza López, que tras sufrir desde hai anos a enfermidade de (pernas inquietas) refuxiase na fotografía e a pintura.

Todo o que o desexe pode gozar da exposición ata o 14 de Xullo no Centro Multiusos O Mosteiro, en Meis.

 

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 7.754,59 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE MAQUINARIA PARA ROZA E PODA” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

O Zacande Fútbol Club ascende a 1ª Rexional e o alcalde José Luis Pérez e Jairo Paz acompañáronos no partido do día de hoxe

O Zacande Fútbol Club conseguiu no día de hoxe o seu merecido ascenso a 1ª rexional ao encaixar soamente un gol do CD Choco B xa que no partido antes disputado o Zacande cultivara un triunfo ao marcar 2 goles e o Choco soamente 1, isto fai que o Zacande hoxe este gozando do triunfo e da gran celebración.

O Zacande é un club cunha antigüidade de máis de 60 anos que pasou por peches e aperturas ao longo destes anos, na actualidade o seu presidente Antonio Fariña, quere lembrar nestes momentos de tanta alegría ao último fundador que fixo rexurdir ao Zacande como o ave Phenix das súas cinzas este home non puido  gozar no día de hoxe deste ascenso, xa que o fundou nos meses de verán do ano 2000 e por circustancias da vida faleceu no mes de setembro dese mesmo ano nun accidente de tráfico , este home era Manuel Fernandez, o que o presidente quixo facer unha mención especial no día de hoxe.

 

A directiva do Zacande esta formado por 10 persoas totalmente involucradas co club:

Presidente: Antonio Fariña

Secretario : Joaquín Muñoz

Tesoureiro : María del Carmen Fariña

Vocais: Adriana, Iria, Lago, Triñanes, Sartal, Juan, Lolita.

O alcalde José Luis Pérez e Jairo Paz gozaron hoxe dunha derrota con sabor doce xa que encaixando soamente un gol estaba conseguido o ascenso  e como comentaba Pérez, as cousas con esforzo sempre se conseguen e anima a este club a que siga cultivando éxitos.

Os concelleiros Ofelia e Jairo fan entrega dos premios da 1 xornada do 1º campionato pre-benxamín e benxamín organizado polo C.D.MOSTEIRO.

A actividade, á que asistiu os concelleiros Ofelia Barral e Jairo Paz continúan hoxe domingo.

O club C.D. MOSTEIRO vén de pechar a súa primeira xornada do campionato que estan realizando ao longo de todo este fin de semana ” 1 CAMPIONATO DE PRE-BENXAMíN E BENXAMíN DO C. D. MOSTEIRO”  esta previsto que participen un total de 20 equipos con aproximadamente 300 participantes dos cales no día de onte xa pasaron a metade 150.

A pesar das altas temperaturas os nenos puideron gozar dun estupendo terreo de xogo que oubo que regar para minorar a sufocante calor, os equipos que asisten a este campionato chegan desde Santiago , A Illa, Vigo, Ribadumia, Portonovo, Vilagarcía, Pontevedra, Meis, Cuntis.

O club de C.D.MOSTERIO é un club do concello mesino que conta cunha antigüidade de case 65 anos e a súa directiva para querido apostar por realizar este campionato coas categorí­as sub-7 á sub-10 e así­ demostrar a gran canteira de futbolistas que temos na provincia.

Nesta ocasión os campións foron o CÉLTICA F.C. DA ILLA que nuns partidos tan igualados cos seus contrincantes  tiveron que decidilo a penaltis; aos cales a concelleira Ofelia Barral fixo entrega do seu merecido trofeo, aí­nda que acompañado polo seu compañeiro Jairo Paz e parte da directiva do C.D.MOSTEIRO entregaron medallas a todos os participantes.

No dia de hoxe se continua co deporte e o compañeirismo grazas ao C.D.MOSTEIRO, “que gañe o mellor”

 

Os maiores de Meis e Dodro intercambian experiencias e exercitan a memoria no seu segundo encontro

A actividade, á que asistiu o alcalde, José Luis Pérez, forma parte dos obradoiros municipais de memoria

Dodro acolleu o segundo encontro de maiores entre os integrantes do seu Obradoiro de Memoria e os do concello de Meis. A convivencia celebrouse onte, venres, e pechouse nun ambiente de cordialidade e satisfacción polos resultados acadados.

O encontro contou coa participación dun cento de persoas, a metade de cada municipio. Os de Meis tiveron a ocasión de coñecer o municipio e de intercambiar experiencias cos seus colegas de Dodro, trabando amizade e reforzando habilidades sociais. Todo nun ambiente moi lúdico e enriquecedor.

O alcalde, José Luis Pérez, foi recibido ná comitiva no multiusos de Dodro onde lle deu á benvida, o seu alcalde Valentin Alfonsín Somoza acompañado pola concelleira de Servicios Sociais E Igualdade, Marisol Boga Grela

Xa neste Centro Multiusos chegou o momento de que os alcaldes de cada municipio achegaran datos sobre poboación, territorio, costumes, festas e singularidades de cadanseu concello. Facendo tamén un intercambio de obxectos entre os alcaldes  José Luis Pérez e Valentin Alfonsín.

Un xantar de confraternidade  deixou moi satisfeitos aos participantes, unha vez percorreron varios sitios emblematicos do concello de Dodro.

O Concello de Meis, que conta con Obradoiros de Memoria en Mosteiro, Paradela, Armenteira e Cabeza de Boi, devolve así unha visita que estaba pendente con este concello que no ano pasado estiveron coñecendo o concello de Meis

O alcalde José Luis Pérez, revisa o estado do campo de fútbol da Armenteira despois de nivelalo.

Despois de disputar a semana pasada o Armenteira Club de Fútbol o primeiro campionato feminino I COPA ARMENTEIRA, o presidente do Club Martín Casais realizou unhas peticións ao alcalde José Luis Pérez entre as cales estaba o acondicionamento e nivelación do terreo de xogo xa que se atopaba moi deteriorado polo paso do tempo. Polo cal o alcalde José Luis Pérez pasouse a revisar o estado do campo xa que enviou estes días unha niveladora para corrixir os posibles defectos do campo e arrombalo atendendo a petición do presidente.
Querendo lembrar José Luis Pérez que o club Armenteira C.F. ten unha antigüidade de máis de 20 anos xa que comezaron polo ano 1995 poñéndose á fronte Xullo Serén e desde aqueles anos ata a actualidade veñen educando aos mozos e ensinándoos a integrarse e traballar en equipo e unha vez máis se ve a implicación do club coa súa aposta firme polo fútbol apostando polo fútbol feminino de man de Martín Casais e o seu equipo directivo.
O concello de Meis co alcalde á súa cabeza vén colaborando co club con achegas económicas, pero José Luis Pérez sabe que o gran mérito é da directiva e de todos os seus socios e colaboradores e queren que se saiba que desde o concello están a disposición de leste e todos os clubs do municipio e axudará en todo o que estea na súa man sen ningunha dúbida.