A programación festival das festas de San Bieito e San Cristovo pecha co bo sabor de boca da afluencia masiva á degustación

Os callos volveron ser o protagonista das festas de San Bieito e San Cristovo, que culminaron este domingo en Mosteiro (Meis). A cita gastronómica, que despachou a totalidade dos callos preparados un dos pratos máis típicos de Galicia, pechou así unha programación que arrancou o sabado día 1 de xullo co pregón do  humorista da TVG ISI.

Satisfacción no Concello de Meis polo éxito dun pregón inaugural que abarrotou o Auditorio do Centro Cultural e tamén cunha xornada de domingo no que o tempo axudou e se produciron escenas como a chegada de autobuses repletos de público disposto a gozar dos callos de Meis.

A gran carpa onde se situaron as mesas estivo moi concorrida dun público no que tamén había moitos grupos organizados que reservaron grandes mesas aproveitando así as facilidades que deu a organización. Entre o público asistente estivo o alcalde, José Luis Pérez, e varios dos concelleiros do grupo de goberno e neste caso tamen acompañado polo alcalde de Ribadumia David Castro.

Tamén moitos dos ciclistas que participaron na saída de BTT organizado polo Concello durante a mañá sumáronse á degustación, pois moitos deles quixeron repetir o aperitivo que se proporcionou a todos os “finishers”.

Os cociñeiros traballaron arreo e dispuxeron para dar de comer aos todos os  asistentes de 600 quilos de garbanzos, 300 de tenreira galega e 250 quilos de porco, ademais de panceta e chourizo, entre outros ingredientes.

O alcalde José Luis Pérez xa facia un presaxio na sua visita onte a noite de madrugada na sua visita a cociñeira que nos últimos anos leva preparando os callos, que de esta volta iamos a esgotar existencias xa que como el sempre di “MEIS E OUTRA COUSA”