A alcaldesa, Marta Giráldez Barral, mostra o seu pésame pola perda dunha gran figura da interpretación
O Concello de Meis únese á dor pola morte do actor Eduardo Fajardo, meisino de nacemento (O Mosteiro – agosto 1924), falecido en México, onde residen os seus fillos. (máis…)
O Pleno da corporación municipal, mediante acordo adoptado na sesión de data 29.11.2018, aprobou inicialmente o inventario correspondente ós Bens Inmobles (urbanos e rústicos), Víais Públicos Municipais e outros bens (lavadoiros e fontes) do concello de Meis. (máis…)
O Pleno Municipal en sesión celebrada o día 29 de novembro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao documento de modificación puntual nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por “espinosa&rodríguez architects projets mangers S.L.”, que non resulta sometido ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica por Resolución do 5 de xullo de 2018 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. (máis…)
No seguinte enlace poderá atopar publicacións relacionadas cos produtos fitosanitarios:
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/sanidade-vexetal/fitosanitarios
https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/publicacions
En aplicación da lexislación vixente TÓDOLOS VECIÑOS TEÑEN A OBRIGA DE MANTER AS SÚAS PROPIEDADES LIMPAS DE VEXETACIÓN E EN PERFECTAS CONDICIÓNS DE SALUBRIDADE, ORNATO E DECENCIA.
Lémbrase asemade A PROHIBICIÓN DE QUE A VEXETACIÓN DAS FINCAS PARTICULARES INVADA AS RÚAS E CAMIÑOS PÚBLICOS, DEBENDO OS SEUS TITULARES PROCEDER Á PODA OU CORTA DAS ESPECIES QUE INVADAN O DOMINIO PÚBLICO.
EN CASO CONTRARIO, DENDE O CONCELLO PROCEDERASE A SANCIONAR AOS DONOS DAS PARCELAS.
Por acordo do Pleno da Corporación de data 11 de xuño de 2014 e Resolución de Alcaldía de data 4 de decembro de 2014 o Concello de Meis procedeu a adhesión ao “Punto general de entrada de facturas electrónicas del Estado (FACE)” de conformidade co artigo 6 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable das facturas no Sector Público así como ao establecemento dos códigos DIR3 da Entidade, de acordo coa súa estructura organizativa:
• Código oficina contable: LO1360280
• Código órgano xestor: LO1360280
• Código unidade de tramitación:LO1360280
O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento da Disposición adicional 6ª da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable das facturas no Sector Público.