📑CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE 📌NOGUEIRA (MEIS, PONTEVEDRA)▶️ Investigación da propiedade.

📣AVISO‼️
📑CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE 📌NOGUEIRA (MEIS, PONTEVEDRA)▶️ Investigación da propiedade.
 
Dende o Concello de Meis trasládase o seguinte AVISO a todas as persoas interesadas recibido da Consellería do Medio Rural en relación á CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE NOGUEIRA sobre a inclusión dos núcleos rurais das parroquias de San Vicente, Santo Tomé e San Lourenzo, e algunhas parcelas rústicas ata o de agora non incluídas.
 
 
A resolución de inclusión co listado dos núcleos rurais e das parcelas rústicas incluídas, así como os planos de situación das parcelas, os poden consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural ou no Centro Multiusos do Concello de Meis(Praza de España O Mosteiro Meis-Pontevedra), a partir do mércores 2 de agosto en horario de 9 a 14h de luns a venres.
 

(máis…)

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para “Redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da Rede Ágora”

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da rede Ágora”, por un importe de 32.670,00€, con cargo ás subvencións para “Redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos do concello da Rede Ágora (2021)”,  (custo total da redacción do proxecto 36.300,00 €: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).

Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no ámbito do turismo deportivo sostible

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Acondicionamento das instalacións do Campo de Fútbol Municipal José Betanzos Doval “Pepe””, por un importe de 5.000,00€, con cargo ás subvencións a entidades locais da Provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para o financiamento dos gastos derivados das asistencias técnicas que se contraten para preparar a documentación necesaria para a presentación de solicitudes de subvención, así como, no seu caso, a redacción e/ou adaptación dos proxectos de investimento, que se poidan acoller á primeira convocatoria de axudas do Consello Superior de Deporte ao fomento do turismo deportivo sostible financiadas con fondos Next Generation UE, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Compoñente 26, Investimento 2).

Servizo de Cooperación cos municipios da Deputación Provincial de Pontevedra

 

Conservación e restauración da fonte do Campo da Feira

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022, por un importe de 9.149,87€, para “CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DA FONTE DO CAMPO DA FEIRA”.

Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO EXCEPCIONAL PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE MEIS

(máis…)

AUDITORÍA ABASTECEMENTO E PLAN DE ACTUACIÓNS

Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Meis, calculouse que, o rendemento técnico hidráulico do sistema de abastecemento municipal é do 62,43 % e, en consecuencia, porcentaxe de auga non rexistrada é o 37,57 %.

Posta en valor do Petróglifo de Outeiro do Cribo

A necesidade de intervención arqueolóxica ven dada pola aplicación da normativa urbanística e patrimonial vixente á actuación de posta en valor que o Concello de Meis pretende acometer sobre un dos seus elementos arqueolóxicos máis singulares, o petróglifo do Outeiro do Cribo (GA36028016), que agocha un dos labirintos mellor executados e conservados de todo o panorama da arte rupestre. 

(máis…)