Inauguración exposición fotográfica e de pintura de Esperanza López Maquieira

Este fin de semana vén de facerse unha presentación  no centro cultural do concello de Meis dunha exposición fotográfica e de pintura realizada por Esperanza López, na cal se poden observar varios matices e as grandes diferenzas que ten a súa arte, ao poder comparar na súa pintura unha arte máis agresiva e dura como contrasta coa sinxeleza e a dozura dalgunha das súas fotografías.

No  acto de inauguración a representación do concello estivo a cargo da concelleira de Cultura Ofelia Barral, a cal exaltou as calidades  humanas e artísticas de Esperanza López, que tras sufrir desde hai anos a enfermidade de (pernas inquietas) refuxiase na fotografía e a pintura.

Todo o que o desexe pode gozar da exposición ata o 14 de Xullo no Centro Multiusos O Mosteiro, en Meis.

 

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 7.754,59 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE MAQUINARIA PARA ROZA E PODA” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Os concelleiros Ofelia e Jairo fan entrega dos premios da 1 xornada do 1º campionato pre-benxamín e benxamín organizado polo C.D.MOSTEIRO.

A actividade, á que asistiu os concelleiros Ofelia Barral e Jairo Paz continúan hoxe domingo.

O club C.D. MOSTEIRO vén de pechar a súa primeira xornada do campionato que estan realizando ao longo de todo este fin de semana ” 1 CAMPIONATO DE PRE-BENXAMíN E BENXAMíN DO C. D. MOSTEIRO”  esta previsto que participen un total de 20 equipos con aproximadamente 300 participantes dos cales no día de onte xa pasaron a metade 150. (máis…)

O alcalde José Luis Pérez, revisa o estado do campo de fútbol da Armenteira despois de nivelalo.

Despois de disputar a semana pasada o Armenteira Club de Fútbol o primeiro campionato feminino I COPA ARMENTEIRA, o presidente do Club Martín Casais realizou unhas peticións ao alcalde José Luis Pérez entre as cales estaba o acondicionamento e nivelación do terreo de xogo xa que se atopaba moi deteriorado polo paso do tempo. Polo cal o alcalde José Luis Pérez pasouse a revisar o estado do campo xa que enviou estes días unha niveladora para corrixir os posibles defectos do campo e arrombalo atendendo a petición do presidente. (máis…)