O CONCELLO DE MEIS MOVILIZA A TODOS OS SEUS EFECTIVOS ANTE A GRAVE SITUACIÓN DOS FOGOS NO MUNICIPIO.

  • José Luis Pérez quere enviar un enorme agradecemento a veciñanza pola súa axuda desinteresada traballando arreo e  incluso ofrecendo medios particulares como cisternas etc.… e a todos os operativos, desprazados no día de onte polo gran sacrificio de ter que enfrontarse a un inimigo tan poderoso como e o lume nas condicións de seca e fortes rachas de vento arriscando a súa propia vida en prol dos veciños e veciñas de Meis.
  • A valoración dos danos ascende a entre setenta e oitenta hectáreas de terreo
  • No día de hoxe seguindo as instrucións do alcalde José Luis Pérez, Ofelia Barral e mais Jairo Paz estiveron comprobando coa luz do día cales foron os danos e se os lumes estaban controlados nas zonas de, cabeza de boi, Gondes, As pereiras, Fofan, Castiñeiras, Mirador de San cibran falando e tranquilizando a veciñanza.

 

No día de onte Domingo 15 de outubro foron moitos concellos Galegos os que desgraciadamente sufriron o ataque de terroristas incendiarios ó longo e ancho da xeografía galega, O Concello de Meis por desgracia foi un deles e o seu alcalde José Luis Pérez (estando ausente, xa que por motivos de saúde atopase fora de Galicia) estivo en todo momento organizando o operativo a través dos seus concelleiros entre eles Jairo Paz, Ofelia Barral e mais Miguel Pérez, que en todo momento estiveron en contacto telefónico co alcalde José Luis Pérez mobilizaron a todos os efectivos dispoñibles para axudar nas labores de extinción de todos os focos posibles existentes no concello.

Voluntarios de protección civil de Meis en colaboración coas cuadrillas forestais da Xunta, bombeiros do Salnés, bombeiros de Sanxenxo, unha motobomba procedente do Grove, así como varias patrullas da Garda Civil de Poio en colaboración coa Veciñanza , e incluso ofrecemento de outros concellos lindeiros, traballaron a reo para prestar a máxima axuda posible para a extinción dos lumes e para manter a  a seguridade cidadá, xa que o lume ameazaba de preto as vivendas con inmensas lapas.

Desde o concello mobilizáronse tamén tractores con cisterna desde diversos puntos ademais de un camión que fixo as veces de nodriza para as motobombas, xesto que se agradeceu inmensamente para evitar os desprazamentos a puntos de carga.

Non sobrou a axuda en ningún momento , incluso axentes forestais que non estaban de servicio fixeron acto da súa presenza para organizar as cuadrillas e tódolos medios alí  presentes.

Arestora sabemos xa que os danos foron inmensos alcanzando case as oitenta hectáreas de terreo , algún focos seguen parcialmente activos pero controlados na súa totalidade afortunadamente.

No día de hoxe seguindo as instrución do alcalde José Luis Pérez, Ofelia Barral e mais Jairo Paz estiveron comprobando coa luz do día cales foron os danos e se os lumes estaban controlados nas zonas de, cabeza de boi, Gondes, As pereiras, Fofan, Castiñeiras, Mirador de San cibran falando e tranquilizando a veciñanza.

José Luis Pérez quere agradecer o seu tenente de alcalde Eugenio Fernández, e concelleiros do grupo de goberno Raquel Fernández e Natalia González os cales estiveron toda a noite en continuas conversas telefónicas aínda que non foran tan visibles sabe que estiveron a carón dos seus veciños, José Luis Pérez unha vez mais quere concienciar os veciños e veciñas de Meis, que teñen que  limpar as leiras de mato, xa que puideron comprobar que aquelas que non estaban en condicións foron as que as vivendas correron un risco mais importante de queimarse e producir incluso danos irreparables como e a vida dos nosos veciños e veciñas como aconteceu en concellos de Galicia no día de onte.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 40.584,89 €  con destino ao investimento “REDE DE SANEAMENTO NO LUGAR DE CABEZA DE BOI – SEGUNDO TRAMO” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 39.979,08 €  con destino ao investimento “REDE DE SANEAMENTO E REPOSICIÓN DE FIRMES NO LUGAR DE POMPEÁN” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 56.812,38 €  con destino ao investimento “MELLORA E AMPLIACIÓN DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE MEIS, NOGUEIRA, PARADELA E A ARMENTEIRA” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 21.719,50 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE BRAZO DESBROZADORA” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 67.558,18 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE TRACTOR” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 10.312,83 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE EQUIPAMENTO DEPORTIVO” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 3.844,36 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO PARA A “CASA DE ESCUDEIRO”” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

ENTREGA DE DIPLOMAS 1 E 2 FASE DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN MEIS.

Clausurouse a 1e máis a 2 fase do Curso de Monitor de Fútbol Basee que se está celebrando no concello de Meis, nesta primeira fase estaban anotados un total de 18 (unha cifra marabillosa) alumnos e na segunda un total de 15 cifra nada despreciable de varias localidades desde Catoira ata o Grove e por suposto unha gran participación de veciños de Meis.
Este foi o primeiro curso na Delegación de Pontevedra en formato INTENSIVO, o coordinador do curso foi o adiestrador con título Nacional José Luis Uhía “Piscis”, o cal fixo fincapé na actitude dos alumnos e destacou as estupendas instalacións que achego o concello de Meis para realizar estes cursos.
Á entrega dos diplomas ademais do adiestrador e directivos da Federación Galega de Fútbol tamén asistiu o alcalde de Meis José Luis Pérez e a concelleira de cultura e deportes Ofelia Barral, Pérez no seu discurso aos alumnos destacou a profesionalidade nos seus ensinos unha vez remataron o curso, xa que son parte da educación e o traballo en grupo dos novos deportistas e animounos a que poñan en práctica o aprendido estes días e transmítanllo aos demais, ao mesmo tempo que tamén os animou a que sigan ascendendo nos seus coñecementos ademais está moi satisfeito que neste curso haxa presenza feminina xa que contabamos con 2 alumnas que tamén realizaron o curso, rompendo tabús.
O alcalde José Luis Pérez agradece á Federación Galega de Fútbol o seu compromiso co concello de Meis e que pensasen neste Concello para realizar este primeiro curso INTENSIVO.

CLAUSURA LUDOMEIS VERÁN 2017

No CPI Mosteiro do concello de Meis clausurouse as actividades de conciliación Ludomeis Verán 2017, na que un total de 250 nenos gozaron ao longo de 4 quincenas nos meses de xullo e agosto de actividades de difentes temáticas, complementadas con saídas á praia, excusiones e piscina.

A banda Municipal de Meis foi a encargada de abrir o evento no día de onte, na cal os nenos e pais asistentes puideron gozar de varias pezas musicais duns novísimos músicos, continuando a actividade nos inchables montados para a ocasión sendo un dos tobogáns acuático para o goce dos máis arriscados, a festa infantil terminou coa tradicional festa da escuma.

O alcalde José Luis Pérez agradece a todo o persoal ben do concello ou externo a súa gran dedicación e profesionalidade á hora da educación e coidado dos pequenos nos meses de verán, esperando que o ano que vén volvan gozar con este gran equipo.