Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis as seguintes subvencións:

– Subvención por importe de 21.403,69 €  con destino a “ADQUISICIÓN DE FURGONETA-GRÚA” , incluída na liña 1 – Investimentos  do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016.

– Subvención por importe de 7.139,00 €  con destino a “INSTALACIÓN DE CALDEIRA BIOMASA CASA DO CONCELLO” , incluída na liña 1 – Investimentos  do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016.

– Subvención por importe de 7.145,00 €  con destino a “INSTALACIÓN DE CALDEIRA DE PELLETS NO ALBERGUE DO CONCELLO DE MEIS” , incluída na liña 1 – Investimentos  do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016.

– Subvención por importe de 13.606,50 €  con destino a “INSTALACIÓN DE CALDEIRA BIOMASA COLEXIO DO CONCELLO DE MEIS” , incluída na liña 1 – Investimentos  do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016.

– Subvención por importe de 6.609,62 €  con destino a “INSTALACIÓN DE CALDEIRA DE PELLETS NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE MEIS” , incluída na liña 1 – Investimentos  do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016.

Actuacións subvencionadas coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Limpeza de fincas

En aplicación da lexislación vixente TÓDOLOS VECIÑOS TEÑEN A OBRIGA  DE MANTER AS SÚAS PROPIEDADES LIMPAS DE VEXETACIÓN E EN PERFECTAS CONDICIÓNS DE SALUBRIDADE, ORNATO E DECENCIA.

Lémbrase asemade A PROHIBICIÓN DE QUE A VEXETACIÓN DAS FINCAS PARTICULARES INVADA AS RÚAS E CAMIÑOS PÚBLICOS, DEBENDO OS SEUS TITULARES PROCEDER Á PODA OU CORTA DAS ESPECIES QUE INVADAN O DOMINIO PÚBLICO.

EN CASO CONTRARIO, DENDE O CONCELLO PROCEDERASE A SANCIONAR AOS DONOS DAS PARCELAS.

Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 65.241,35 €  con destino ó “PAGAMENTO A ACREEDORES DE GASTO CORRENTE” , incluídas na liña 2  do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Subvención para adquisición de desfibriladores, o mantemento, reparación de instalación deportivas

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 2.539,87 € para o financiamento da actuación REPOSICIÓN DE XOGOS DO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DE ESPAÑA, con cargo á Liña 1 – Reparacións e Subministracións das subvencións para “adquisición de desfibriladores, o mantemento, reparación de instalacións deportivas e espazos públicos, e a adquisición de material deportivo e ocio inventariable durante o exercicio 2015”.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 – PPOS-2015

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 48.400,57 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “PAGAMENTO A ACREEDORES DE GASTO CORRENTE” , dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 – PPOS-2015

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 32.252,64 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “AMORTIZACIÓN ANTICIPADA DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS” , dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

CARNÉ XOVE

A QUE ESPERAS A UTILIZAR O TEU CARNÉ XOVE?
AQUÍ ESTÁN OS ESTABLECEMENTOS DO CONCELLO ADHERIDOS A ESTE PROGRAMA…BENEFÍCIATE!!!

Adhesión ao Punto xeral de entrada de facturas electrónicas do Estado – FACE

Por acordo do Pleno da Corporación de data 11 de xuño de 2014 e Resolución de Alcaldía de data 4 de decembro de 2014 o Concello de Meis procedeu a adhesión ao “Punto general de entrada de facturas electrónicas del Estado (FACE)” de conformidade co artigo 6 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable das facturas no Sector Público así como ao establecemento dos códigos DIR3 da Entidade, de acordo coa súa estructura organizativa:

 

• Código  oficina contable: LO1360280

 

• Código órgano xestor: LO1360280

 

• Código unidade de tramitación:LO1360280

 

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento da Disposición adicional 6ª da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable das facturas no Sector Público.

Vertidos impropios na depuradora do Fonduxo

BANDO

Vertidos impropios na depuradora do Fonduxo

JOSE LUIS PEREZ ESTÉVEZ ALCALDE-PRESIDENTE DO

CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que o Concello de Meis conta cunha rede de sumidoiros que conduce os vertidos á depuradora do Fonduxo, procedentes das vivendas dos lugares de Outeiro, O Casal e Penaboi na parroquia de Paradela.

Que esta depuradora está a sufrir avarías que poden ser moi graves e polo tanto precisar de reparacións moi caras, debido á presencia nos vertidos de compresas, toalliñas, trapos de cociña e mesmo pneumáticos de ciclomotor.

Xa que logo, apelo á colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da depuradora evitando tirar eses residuos impropios da rede de saneamento.

O que fago público para xeral coñecemento.

Meis, 25 de novembro de 2014

Plan urxente de mantenemento de servizos e infraestructuras municipais 2014

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 40.730,58 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “AMORTIZACIÓN ANTICIPADA DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS”, dentro do Plan urxente de mantenemento de servizos e infraestructuras municipais 2014.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.