Cando aínda non pasaron nin sequera 2 meses desde a súa inauguración, o concello de Meis segue apostando polo albergue de peregrinos e a súa contorna, para iso vén de arrombar e pintar as zonas de aparcadoiro na contorna do albergue e o colexio público de Armenteira.
O alcalde José Luis Pérez estivo continuamente en contacto ao longo destes días co responsable da Fundación Camiño de Santiago Don Celestino Lores e responsable de xestionar o funcionamento do albergue, o cal a confirmado ao alcalde o gran incremento de peregrinos alcanzado, xa que en abril do ano 2016 apenas se atenderon a 30 peregrinos na zona e en abril deste ano 2017 pasaron polo albergue máis de 300 peregrinos, os cales un terzo pernoitou no albergue e os outros 2 terzos optaron por gozar dos servizos hostaleiros do contorno.
Esta información recibiuna José Luis Pérez con gran satisfacción e a felicitado a xestión que está a realizar Don Celestino Lores e confirma o alcalde que tras o investimento público de preto de 72.000? o concello para mellorado a seguridade viaria e accesibilidade de persoas con mobilidade reducida coa súa preparación e pintado.
José Luis Pérez cre que o número de visitantes incrementarase exponencialmente coa chegada do verán e as vacacións, xa que moitos peregrinos aproveitan estas datas para facer a peregrinaxe dando así un revulsivo importante para a zona e para todo o concello de Meis.