Na Resolución de Alcaldía 2026-0067 do 10/02/2026, aprobáronse as bases reguladoras para a contratación temporal por circunstancias da produción dun/ha auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais mediante o sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Do 19/02/26 ata o 04/03/26.
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 66.055,00 € correspondente ao plan Camiña rural para o período 2025 2026 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025), mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E), para a obra “Mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas en Penente (Meis) e As Congostras (A Armenteira)”.

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN POSTO DE PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS, AO ABEIRO DA ORDE DO 13 DE AGOSTO DE 2025 (GARANTÍA XUVENIL) (código de procedemento TR350E) (DOG núm. 160 de 22 de agosto de 2025). (máis…)
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “SUBMINISTRO DE XOGO ESCOLA INFANTIL 0-3” por un importe de 9.097,99€ con cargo á liña 1 do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2025.
Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para prestación de Axudas Básicas de Emerxencia nos Servizos Sociais Comunitarios para o ano 2025, por un importe de 7.000€ de gasto corrente e de 3.800€ de investimento. (máis…)
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN POSTO DE PEÓN FORESTAL AO ABEIRO DA ORDE DO 5 DE MARZO DE 2025 (APROL RURAL) (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR351G) (DOG NÚM. 50 DO 13 DE MARZO DE 2025).