A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a “Redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora”, por un importe de 39.204,00 €, con cargo ás subvencións para redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora, que comprende a redacción de 3 proxectos:
Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis, na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 23 de febreiro de 2024, unha subvención por importe de 106.572,66 € con cargo ao PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN MÁIS PROVINCIA) 2024_LIÑA 3, ACTIVACIÓN DO EMPREGO, para levar a cabo a contratación de 8 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Cuadraxésima Primeira do Capítulo III do citado plan (BOPPO nº3, do mércores 3 de xaneiro de 2024).
OCUPACIÓN | Nº POSTOS | DURACIÓN | CÓDIGO OCUPACIÓN | |
1ª QUENDA | Fontaneiro/a | 1 | 7 meses e 14 días | 7221 |
Peón obras públicas en xeral | 3 | 7 meses e 14 días | 9601 | |
Peón forestal | 1 | 7 meses e 14 días | 9543 | |
2ª QUENDA | Albanel | 1 | 7 meses e 15 días | 7121 |
Electricista | 1 | 7 meses e 15 días | 7510 | |
Pintor/a | 1 | 7 meses e 15 días | 7212 |
Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a situación da súa inscrición no Servizo Público de Emprego de Cambados.
As entrevistas terán lugar o vindeiro venres 8 de marzo a partir das 9:00 horas.
Candidatos ampliación oferta PEÓN FORESTAL
Están citados para o próximo luns 18/03/2024 ás 9:00 horas no centro multiusos.
2ª quenda
Entrevista o vindeiro 09/04/2024 ás 09:00 horas
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para prestación de Axudas Básicas de Emerxencia nos Servizos Sociais Comunitarios 2023, por un importe de 7.500€ de gasto corrente e de 4.000€ de investimento.
Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación Provincial de Pontevedra