A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a “Redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora”, por un importe de 39.204,00 €, con cargo ás subvencións para redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora, que comprende a redacción de 3 proxectos:

  • HUMANIZACIÓN DA CONTORNA DA IGREXA DE SAN SALVADOR (custo total da redacción do proxecto 14.520,00€: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).
  • HUMANIZACIÓN AVENIDA MÉDICO PAZ (TRAMO CAMPO DE FÚTBOL DE MOSTEIRO – FUTURO CENTRO MÉDICO) (custo total da redacción do proxecto 14.520,00€: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).
  • HUMANIZACIÓN DOS ACCESOS Á CASA DE PARGA E O NÚCLEO RURAL DE RIAL (custo total da redacción do proxecto 14.520,00€: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello).

Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra