PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN MÁIS PROVINCIA 2026-2027)_LIÑA 3: ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2026

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis, na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 6 de marzo de 2026, unha subvención por importe de 110.524,40 € con cargo ao PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN MÁIS PROVINCIA 2026-2027)_liña 3: activación do Emprego 2026, para levar a cabo a contratación de 7 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Cuadraxésimo terceira do Capítulo III do citado plan (BOPPO nº1, do venres 2 de xaneiro de 2026). (máis…)

CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCCIÓN DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

Na Resolución de Alcaldía 2026-0067 do 10/02/2026, aprobáronse as bases reguladoras para a contratación temporal por circunstancias da produción dun/ha auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Do 19/02/26 ata o 04/03/26.

PLAN CAMIÑA RURAL 2025-26

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 66.055,00 € correspondente ao plan Camiña rural para o período 2025 2026 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025), mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E), para a obra “Mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas en Penente (Meis) e As Congostras (A Armenteira)”.

⚠️𝗩𝗘𝗥𝗧𝗜𝗗𝗢𝗦 𝗜𝗠𝗣𝗥𝗢𝗣𝗜𝗢𝗦 𝗡𝗔 𝗗𝗘𝗣𝗨𝗥𝗔𝗗𝗢𝗥𝗔 𝗗𝗘 𝗟𝗔𝗡𝗧𝗔𝗡̃𝗢́𝗡⚠️

Dende o Concello de Meis informamos de que a depuradora do lugar de 𝗟𝗔𝗡𝗧𝗔𝗡̃𝗢́𝗡 , unha vez máis, 𝒆𝒔𝒕𝒂́ 𝒂 𝒔𝒖𝒇𝒓𝒊𝒓 𝒂𝒗𝒂𝒓𝒊́𝒂𝒔 𝒎𝒐𝒊 𝒈𝒓𝒂𝒗𝒆𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒑𝒓𝒆𝒄𝒊𝒔𝒂𝒏 𝒅𝒆 𝒓𝒆𝒑𝒂𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔 𝒎𝒐𝒊 𝒄𝒂𝒓𝒂𝒔, 𝒅𝒆𝒃𝒊𝒅𝒐 𝒂́ 𝒑𝒓𝒆𝒔𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒏𝒐𝒔 𝒗𝒆𝒓𝒕𝒊𝒅𝒐𝒔 de compresas, toalliñas, trapos de cociña, etc.
 
➡️Pedimos a colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da depuradora evitando tirar eses residuos impropios da rede de saneamento.