PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN, MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA CUBRIR CON CARÁCTER TEMPORAL UNHA PRAZA DE PERSOAL LABORAL NA CATEGORÍA DE OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES, ADSCRITA Á AREA OBRAS E SERVIZOS, ENCADRADA NO GRUPO IV/V DO CONCELLO DE MEIS, E CONSTITUCIÓN DE LISTA DE AGARDA

Para presentación da solicitude a través da sede electrónica do concello pinchar aquí.

💜𝗗𝗜́𝗔 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗥𝗡𝗔𝗖𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔 𝗘𝗟𝗜𝗠𝗜𝗡𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗩𝗜𝗢𝗟𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗫𝗘́𝗡𝗘𝗥𝗢: 𝟮𝟱𝗡

🟣📅 𝗡𝗢𝗩𝗘𝗠𝗕𝗥𝗢: 𝚞𝚗 𝚖𝚎𝚜 𝚍𝚎 𝚌𝚘𝚖𝚙𝚛𝚘𝚖𝚒𝚜𝚘 𝚌𝚘𝚊 𝚒𝚐𝚞𝚊𝚕𝚍𝚊𝚍𝚎 𝚎 𝚌𝚘𝚗𝚝𝚛𝚊 𝚊 𝚟𝚒𝚘𝚕𝚎𝚗𝚌𝚒𝚊 𝚍𝚎 𝚡𝚎́𝚗𝚎𝚛𝚘.
 
Coa chegada do mes de novembro, 𝘰 𝘮𝘦𝘴 𝘮𝘰𝘳𝘢𝘥𝘰 𝘯𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘤𝘰𝘯𝘮𝘦𝘮𝘰𝘳𝘢𝘮𝘰𝘴 𝘢 𝘥𝘢𝘵𝘢 𝘥𝘰 25𝘕: 𝘋𝘐́𝘈 𝘐𝘕𝘛𝘌𝘙𝘕𝘈𝘊𝘐𝘖𝘕𝘈𝘓 𝘗𝘈𝘙𝘈 𝘈 𝘌𝘓𝘐𝘔𝘐𝘕𝘈𝘊𝘐𝘖́𝘕 𝘋𝘈 𝘝𝘐𝘖𝘓𝘌𝘕𝘊𝘐𝘈 𝘋𝘌 𝘟𝘌́𝘕𝘌𝘙𝘖, iniciamos un período especialmente significativo de sensibilización e concienciación arredor da violencia contra as mulleres.
Dende O Concello de Meis, a través da concellaría de Igualdade, queremos sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre esta problemática social para erradicar a violencia de xénero en calquera ámbito.

(máis…)

💌𝗩 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗦𝗧𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝗡𝗔𝗗𝗔𝗟🎄🌟𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗠𝗘𝗜𝗦

O Concello de Meis convoca o 💌𝗩 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗦𝗧𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝗡𝗔𝗗𝗔𝗟🎄🌟𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗠𝗘𝗜𝗦
 
🔸Poderán participar no Concurso de postais de Nadal aquelas persoas de entre 3 e 16 anos, empadroados no Concello de Meis ou matriculados no CRA de Meis, CEIP Armenteira ou CPI Mosteiro Meis.

(máis…)

CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCCIÓN DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

Na Resolución de Alcaldía 2026-0644 do 18/09/2026, aprobáronse as bases reguladoras para a contratación temporal por circunstancias da produción dun/ha auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais, con carácter urxente, mediante o sistema de concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Meis (https://meis.sedelectronica.gal/), debendo presentarse conforme ao modelo de instancia que figura como Anexo I das bases. Do 24/09/26 0:00 ata o 28/09/26 23:59.