CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCCIÓN DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

Na Resolución de Alcaldía 2026-0644 do 18/09/2026, aprobáronse as bases reguladoras para a contratación temporal por circunstancias da produción dun/ha auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais, con carácter urxente, mediante o sistema de concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Meis (https://meis.sedelectronica.gal/), debendo presentarse conforme ao modelo de instancia que figura como Anexo I das bases. Do 24/09/26 0:00 ata o 28/09/26 23:59.

⚠️🚰𝗨𝗦𝗢 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗢𝗡𝗦𝗔𝗕𝗟𝗘 𝗗𝗔 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟💧

Dado a que temos escaseza de auga cómpre facer un uso responsable e mesmo moderar os consumos.
 
▶ Así, non se debe usar a auga para piscinas, nin para regar, nin para baldeos nin para lavar os coches.
 
▶ Así mesmo, débense manter as billas pechadas nos momentos nos que non sexa estritamente necesario o uso da auga e débense revisar as instalacións particulares para evitar posibles fugas domésticas.
 
ℹ 𝐃𝐞𝐬𝐝𝐞 𝐚 𝐀𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐢́𝐚 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐦𝐚́𝐱𝐢𝐦𝐚 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐚́❗
 

PLAN CAMIÑA RURAL 2025-26

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 66.055,00 € correspondente ao plan Camiña rural para o período 2025 2026 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025), mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E), para a obra “Mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas en Penente (Meis) e As Congostras (A Armenteira)”.