Convocatoria de proceso selectivo para a provisión de dous postos de persoal de limpeza en xeral

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal a xornada completa e por un período de 6 meses, mediante un contrato laboral temporal de obra ou servizo determinado, de dúas persoas como operarios limpeza en xeral para prestar servizo en distintas dependencias e instalacións do Concello para o que será necesario estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañada do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases estarán publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).

Presentación de instancias: Prazo de 5 días naturais contados desde a publicación do anuncio neste xornal.

A Alcaldesa.

Bases

Anuncio prensa

Lista definitiva aspirantes, data constitución tribunal e data de realización das entrevistas Publicada o 18/12/2019

Acta do tribunal, coa puntuación definitiva, proposta de contratación e bolsa de emprego

Contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal a xornada completa e por un período de 3 meses, mediante un contrato eventual por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas oficinas municipais, para o que será necesario estar en posesión do título de FPII, bacharelato ou equivalente.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañada do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases estarán publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).

Presentación de instancias: Prazo de 5 días hábiles contados desde a publicación do anuncio neste xornal.

Anuncio Prensa

Bases da convocatoria

Lista provisional aspirantes admitidos e excluídos Publicada o 07/08/2019

Anuncio lista definitiva aspirantes, data constitución tribunal e data de realización das entrevistas Publicado o 13/08/2019

Publicación puntuacións   Publicado o 22/08/2019

Contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas instalacións da biblioteca e área cultural do Concello; para o que será necesario estar en posesión do título de FP2º grado ou bacharelato.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañando do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases se encontran publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).

Presentación de instancias: No prazo de 5 días naturais contados desde a publicación do anuncio nun xornal.

Anuncio Prensa

Bases da convocatoria

Decreto Lista admitidos

Publicación puntuacións

Contratación laboral temporal por servicio determinado dunha persoa como administrativo

O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal por servicio determinado dunha persoa como administrativo para realizar tarefas nas oficinas xerais do Concello; para o que será necesario estar en posesión do título de FP2º grado ou bacharelato.

A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañado do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases se encontran publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal)

Presentación de instancias: No prazo de 6 días hábiles, contados desde a publicación do anuncio nun xornal.

Anuncio prensa

bases da convocatoria

Decreto Lista admitidos