Contratación laboral temporal APROL RURAL 2024

As entrevistas terán lugar o vindeiro 15/05/2024 ás 9:00 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.

FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A SUBSTITUCIÓN DO POSTO DE ENCARGADO/A DA BIBLIOTECA DO CONCELLO DE MEIS EN SUPOSTOS DE AUSENCIA, INCAPACIDADE E SITUACIÓNS ANÁLOGAS DA TITULAR

CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCCIÓN DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

Contratación laboral temporal APROL RURAL 2023

As entrevistas terán lugar o vindeiro 12/05/2023 ás 9:00 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO EXCEPCIONAL PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE MEIS

(máis…)

PLAN CONCELLOS PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2023 (LIÑA 3)

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis, na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 27 de xaneiro de 2023, unha subvención por importe de 113.679,55 € con cargo ao PLAN CONCELLOS PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2023 (LIÑA 3), para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Primeira do Capítulo II do citado plan (BOPPO nº 208, do 31 de outubro de 2022).

Os contratos levaranse a cabo en dúas quendas, a xornada completa, e as ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días son as seguintes:

OCUPACIÓN

Nº POSTOS

DURACIÓN

CÓDIGO OCUPACIÓN

Albanel

1

8 meses

7121

Electricista

1

8 meses

7510

Fontaneiro/a

1

8 meses

7221

Peón obras públicas en xeral

3

8 meses

9601

Pintor/a

1

7,5 meses

7212

Carpinteiro/a

1

7,5 meses

7131

Peón forestal

1

7,5 meses

9543

 

Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a situación da súa inscrición no Servizo Público de Emprego de Cambados.

As entrevistas terán lugar o vindeiro 17/02/2023 ás 9:00 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.

As entrevistas terán lugar o vindeiro 20/03/2023 ás 9:30 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.

O proceso de selección será mañán mércores día 29 de marzo ás 9:30 horas

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN POSTO AUXILIAR DE BIBLIOTECA, DO CONCELLO DE MEIS

Con motivo das vacacións da encargada da biblioteca municipal e debido á demanda do servizo por parte dos/as usuarios/as, é preciso levar a cabo un procedemento de selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun posto de Auxiliar de Biblioteca, con carácter urxente e inaprazable.