A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis, na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 6 de marzo de 2026, unha subvención por importe de 110.524,40 € con cargo ao PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN MÁIS PROVINCIA 2026-2027)_liña 3: activación do Emprego 2026, para levar a cabo a contratación de 7 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Cuadraxésimo terceira do Capítulo III do citado plan (BOPPO nº1, do venres 2 de xaneiro de 2026).
Os contratos levaranse a cabo en dúas quendas, a xornada completa, e as ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días son as seguintes:
|
|
OCUPACIÓN |
Nº POSTOS |
DURACIÓN |
CÓDIGO OCUPACIÓN |
|
1ª QUENDA
|
Fontaneiro/a |
1 |
8 meses |
72211012 |
|
Peón obras públicas en xeral |
2 |
8 meses |
96011029 |
|
|
Electricista |
1 |
8 meses |
75101033 |
|
|
2ª QUENDA |
Albanel |
1 |
8 meses |
71211015 |
|
Pintor/a |
1 |
8 meses |
72311035 |
|
|
Peón forestal |
1 |
8 meses |
95431028 |
Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a súa situación no Servizo Público de Emprego de Cambados.


