CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN POSTO DE PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS, AO ABEIRO DA ORDE DO 13 DE AGOSTO DE 2025 (GARANTÍA XUVENIL) (código de procedemento TR350E) (DOG núm. 160 de 22 de agosto de 2025).
Vista a Resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de data 28 de outubro de 2025, ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE + Galicia 2021 – 2027 (código de procedemento TR350E) (DOG núm. 160 do 22 de agosto de 2025), o Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal dunha persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como beneficiaria no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A praza convocada ofértase nas seguintes condicións e os/as candidatos/as serán solicitados ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días:
| OCUPACIÓN | CNO | Nº POSTOS | DURACIÓN | XORNADA | 
| Peón de obras públicas | 96011029 | 1 | 9 meses | 100% | 
Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a súa situación no Servizo Público de Emprego de Cambados.

