CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN POSTO DE PEÓN FORESTAL AO ABEIRO DA ORDE DO 5 DE MARZO DE 2025 (APROL RURAL) (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR351G) (DOG NÚM. 50 DO 13 DE MARZO DE 2025).
Vista a Resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de data 22 de maio de 2025, ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) (código de procedemento TR351G) (DOG núm. 50 do 13 de marzo de 2025), o Concello de meis vai levar a cabo a contratación de 1 persoa desempregada para a realización do proxecto “REVALORIZACIÓN FORESTAL”.
A praza convocada ofértase nas seguintes condicións e os/as candidatos/as serán solicitados ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días:
OCUPACIÓN | Nº POSTOS | DURACIÓN | CÓDIGO OCUPACIÓN |
Peón forestal | 1 | 9 meses | 95431028 |
Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a súa situación no Servizo Público de Emprego de Cambados.
As entrevistas terán lugar o vindeiro 11/06/2025 ás 9:00 horas no Centro Multiusos do Mosteiro.