A Conselleria de Política Social convoca a axuda económica, a través da“Tarxeta benvida”, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2022.
 
👥PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:
 Ter fillos ou fillas ou fillos nados/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2022.
 Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2022.
 Galegos e galegas e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2022.
 Igualmente poderán beneficiarse das contías previstas no artigo 4.2 aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2020 e 2021 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.
 Excepcionalmente, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar este técnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade e o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data na que o neno ou nena faga os tres anos.
 
O prazo de presentación de solicitudes: 2 meses contados partir do día seguinte ó nacemento do neno/a ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.
 
No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2022 e sempre que o fillo ou filla nacera con anterioridade ao seu regreso, o prazo será de 3 meses, que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación fidedignamente e data de retorno a España.
 
Opcionalmente , poderá presentarse a solicitude durante o período de xestación estando en todo caso, a súa concesión supeditada ao cumprimento dos requisitos previstos no artigo 3.
 
Para solicitar a axuda solicitarán cita telefónica☎️ nos SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS á educadora familiar 615299895- 986712001/712101, e provistos da seguinte documentación:
 libro de familia da unidade familiar.
 Certificado de empadronamento de toda a unidade familiar.