🫂XVI XUNTANZA DAS NOSAS PERSOAS MAIORES

O sábado 3 de outubro terá lugar no Pavillón polideportivo en Mosteiro a XVI Xuntanza das nosas persoas maiores, residentes no Concello de Meis de 60 anos ou máis.
 
ℹ As persoas interesadas en participar deberán presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello entre os días 14 e 30 de setembro.

⚠️🚰𝗨𝗦𝗢 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗢𝗡𝗦𝗔𝗕𝗟𝗘 𝗗𝗔 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟💧

Dado a que temos escaseza de auga cómpre facer un uso responsable e mesmo moderar os consumos.
 
▶ Así, non se debe usar a auga para piscinas, nin para regar, nin para baldeos nin para lavar os coches.
 
▶ Así mesmo, débense manter as billas pechadas nos momentos nos que non sexa estritamente necesario o uso da auga e débense revisar as instalacións particulares para evitar posibles fugas domésticas.
 
ℹ 𝐃𝐞𝐬𝐝𝐞 𝐚 𝐀𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐢́𝐚 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐦𝐚́𝐱𝐢𝐦𝐚 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐚́❗
 

Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do

Concello de Meis (Pontevedra)

FAGO SABER:

Que aprobado polo Pleno do Concello de Meis, en sesión ordinaria celebrada o día 29-05-2020, o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, que establece a obriga de manter limpas unhas faixas de terreo de 50 metros arredor dos núcleos de poboación; ponse en coñecemento das persoas titulares das parcelas afectadas (sinaladas nos planos en cor verde), para que procedan a executar os traballos de limpeza pertinentes, con obxecto de evitar os riscos de posibles incendios forestais. (máis…)

Vertidos impropios na depuradora de Lantañón

MARTA GIRALDEZ BARRAL, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que o Concello de Meis conta cunha rede de sumidoiros que conduce os vertidos á depuradora de Lantañón, procedentes das vivendas correspondentes aos lugares de Pompeán, A Goulla, O Noval, Latañón, As Portelas e Vilanoviña, na parroquia de Paradela.

Que esta depuradora, unha vez máis, está a sufrir avarías moi graves que precisan de reparacións moi caras, debido á presencia nos vertidos de compresas, toalliñas, trapos de cociña, etc.

 

Xa que logo, apelo á colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da depuradora evitando tirar eses resíduos impropios da rede de saneamento.

O que fago público para xeral coñecemento.