🟣📅 𝗡𝗢𝗩𝗘𝗠𝗕𝗥𝗢: 𝚞𝚗 𝚖𝚎𝚜 𝚍𝚎 𝚌𝚘𝚖𝚙𝚛𝚘𝚖𝚒𝚜𝚘 𝚌𝚘𝚊 𝚒𝚐𝚞𝚊𝚕𝚍𝚊𝚍𝚎 𝚎 𝚌𝚘𝚗𝚝𝚛𝚊 𝚊 𝚟𝚒𝚘𝚕𝚎𝚗𝚌𝚒𝚊 𝚍𝚎 𝚡𝚎́𝚗𝚎𝚛𝚘.
 
Coa chegada do mes de novembro, 𝘰 𝘮𝘦𝘴 𝘮𝘰𝘳𝘢𝘥𝘰 𝘯𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘤𝘰𝘯𝘮𝘦𝘮𝘰𝘳𝘢𝘮𝘰𝘴 𝘢 𝘥𝘢𝘵𝘢 𝘥𝘰 25𝘕: 𝘋𝘐́𝘈 𝘐𝘕𝘛𝘌𝘙𝘕𝘈𝘊𝘐𝘖𝘕𝘈𝘓 𝘗𝘈𝘙𝘈 𝘈 𝘌𝘓𝘐𝘔𝘐𝘕𝘈𝘊𝘐𝘖́𝘕 𝘋𝘈 𝘝𝘐𝘖𝘓𝘌𝘕𝘊𝘐𝘈 𝘋𝘌 𝘟𝘌́𝘕𝘌𝘙𝘖, iniciamos un período especialmente significativo de sensibilización e concienciación arredor da violencia contra as mulleres.
Dende O Concello de Meis, a través da concellaría de Igualdade, queremos sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre esta problemática social para erradicar a violencia de xénero en calquera ámbito.

📅 𝘼 𝙘𝙤𝙣𝙩𝙞𝙣𝙪𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙛𝙖𝙘𝙚𝙢𝙤𝙨 𝙧𝙚𝙛𝙚𝙧𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙖𝙤 𝙥𝙧𝙤𝙜𝙧𝙖𝙢𝙖 𝙙𝙚 𝙖𝙘𝙩𝙞𝙫𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚𝙨 𝙦𝙪𝙚 𝙨𝙚 𝙚𝙨𝙩𝙖́ 𝙖 𝙙𝙚𝙨𝙚𝙣𝙫𝙤𝙡𝙫𝙚𝙧 𝙙𝙪𝙧𝙖𝙣𝙩𝙚 𝙚𝙨𝙩𝙚 𝙢𝙚𝙨:
 
▶️Punto morado ℹ️ informativo con folletos🗞 e material Merchandising no Centro Multiusos do Mosteiro.
 
▶️Distribución de material merchandising contra a violencia de xénero ao alumnado dos centros escolares (CRA de Meis. Colexio Rural Agrupado de Meis, CPI MOSTEIRO e CEIP Cole da Armenteira).
 
▶️Programa MEIS NO CAMIÑO “A CARÓN DA IGUALDADE, POLOS BOS TRATOS E COMPETENTES EMOCIONALMENTE”: COEDUCACIÓN E CORRESPONSABILIDADE.
▪️COMPETENTES EMOCIONALMENTE(COEDUCACIÓN E IGUALDADE), co alumnado do CPI Mosteiro e CEIP ARMENTEIRA.
▪️OBRADOIRO ESCOLA DE FAMILIAS: 5, 12 e 19 de novembro de 10h a 12h no Centro Multiusos do Mosteiro (para familias con crianzas de 6 a 12 anos).
▪️REPRESENTACIÓN DO 🎭ESPECTÁCULO #2 PILGRIMS: 23 de novembro ás 16:45h no Auditorio Municipal (alumnado da E.S.O. e poboación xeral).
 
▶️CHARLA INFORMATIVA “SEMENTES DE CAMBIO: ERRADICANDO A VIOLENCIA SEXUAL”. Martes 24 de novembro ás 12h no CPI Mosteiro.
 
🟣Puntos de LUZ MORADA na fachada do Concello e na Praza de Abastos do Mosteiro.
 
📃Lectura do MANIFESTO: o mércores 25 de novembro procederemos á lectura do MANIFESTO en colaboración co alumnado nos seguintes puntos:
🔸12:00h-no CPI Mosteiro.
🔸13:00h- CRA de Meis. Colexio Rural Agrupado de Meis de MEIS e CEIP Armenteira Cole da Armenteira (no Centro Social O Silvoso- Meis).
 
Que estas accións servan para que, xunt@s e unid@s, construamos un mundo libre de violencias e desigualdades de xénero.