SEMANA SANTA E PASCUA VIVIENTE
A representación da Semana Santa e Pascua Vivente continúa unha tradición que se mantén viva dende hai máis de dous séculos. Celebrase na parroquia de Santa María de Paradela e conta con máis de 200 anos de tradición nesta parroquia. Con meses de antelación comenzan os ensaios con máis dun centenar de persoas. A cofradía de Semana Santa e Pascua traballan durante todo o ano sobre os preparativos desta semana.
Ó mesmo tempo que se escenifica a pasión, morte e resurección de Xesús o longo da Semana Santa, celebranse paralelamente os actos litúrxicos do momento.
-DOMINGO DE RAMOS
Ten lugar a procesión que escenifica a ENTRADA TRIUNFAL DE XESÚS EN XERUSALÉN, e de seguido Misa da Bendición de Ramos.
-XOVES SANTO
Escenificación da ÚLTIMA CEA E PRENDEMENTO DE XESÚS, NEGACIÓNS DE SAN PEDRO E O XUIZO ANTE CAIFÁS.
-VENRES SANTO
É o día de máximo esplendor desta celebración pois fanse dúas representacións, unha pola mañá e outra pola noite, nas que se escenificarán:
O xuicio de Xesús ante Pilatos e Herodes na iglesia parroquial, seguido da vía Crucis deica o monte da Croa que representa o monte do Calvario. Neste camiño do Calvario, Xesús porta o madeiro trasversal de aproximadamente 40 Kg de peso, e vai acompañado polos dous ladróns, en una trayecto de Kilometro e medio recibindo latigazos dos romanos. Durante o trayecto escenificanse os pasos: o encontro coa súa nai, as tres caídas, a limpieza do seu rostro por parte de Verónica que sae o seu paso e un recital de poesías de María Magdalena e Verónica. No monte da Croa esperan os tres postes donde se crucificará a Xesús e os ladróns. Pola noite, no monte da Croa donde acabou pola mañá a crucificación de Xesús escenificarase o desenclavo da cruz de Xesús donde se lle quita a corona, os clavos, o manto, o sudario, o INRI e se lle entregará o corpo de Xesús a súa nai a virxen, para posteriormente empeza-la procesión do Santo enterro no campo do Outeiro coa sola iluminación da luz das velas.
-SÁBADO DE PASCUA
MISA DA RESURRECCIÓN coa bendición da auga e o lume. A continuación agasallo de Rosca e un vaso de Viño.
-DOMINGO DE PASCUA
Escenificación da RESURRECCIÓN, de seguido CELEBRACIÓN DA SANTA MISA. Despois procesión acompañada pola banda de musica, mentras que pola noite se celebra unha gran verbena.
