O programa❞ 𝐋𝐄𝐂𝐄𝐑 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀❞ caracterízase por ofrecer unha estancia dunha noite en fins de semana (venres ou sábado), en períodos non lectivos ou vésperas de festivos, nun hotel da provincia de Pontevedra de tipo balneario, talaso ou spa, e hoteis de zonas urbanas ou rurais, con réxime de media pensión.

𝑷𝑬𝑹𝑺𝑶𝑨𝑺 𝑩𝑬𝑵𝑬𝑭𝑰𝑪𝑰𝑨𝑹𝑰𝑨𝑺
Todas as persoas integrantes dunha unidade familiar con menores a cargo que teñan a súa residencia na provincia de Pontevedra.

Requisitos:
– Non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.

A entrada nos establecementos será pola tarde e a saída o día seguinte ao mediodía.

R̲É̲X̲I̲M̲E̲ X̲E̲R̲A̲L̲:̲ A Deputación subvencionará 60 euros do custo total da praza para as persoas maiores de 12 anos e 30 para as de 3 a 12 anos. O prezo das prazas destas e destes menores será o 50% do prezo da praza de persoa adulta ou maior de 12 anos, mentres que as e os menores de 3 anos irán de balde.

R̲É̲X̲I̲M̲E̲ E̲S̲P̲E̲C̲I̲A̲L̲:̲ A deputación subvencionará o 100% do prezo de adxudicación.(Beneficiarios da RISGA ou perceptores do IMV.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: dende o 01 ata o 15 de abril. PEDIRÁN CITA PREVIA nos

Servizos sociais comunitarios SERVIZO DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR, no

615299895.