A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 66.055,00 € correspondente ao plan Camiña rural para o período 2025 2026 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025), mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E), para a obra “Mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas en Penente (Meis) e As Congostras (A Armenteira)”.