O Concello de Meis convoca o VII Concurso de Escaparates e Ambientación de Nadal 2025 dirixido aos establecementos COMERCIAIS E HOSTALEIROS da localidade.
Esta iniciativa ponse en marcha co obxecto de impulsar as compras nos pequenos comercios e locais de hostalería, para así conseguir unha maior reactivación destes sectores nunhas datas tan sinaladas como é o Nadal.
Para participar haberá que comunicalo entre o día 24 de novembro e o día 5 de decembro de 2025, mediante presentación no Concello da ficha de inscrición.
A decoración do local ou o escaparate deberá estar finalizada o día 8 de decembro e non poderá variarse ata o día 6 de xaneiro de 2026.
O gañador/a do concurso será aquel establecemento que obteña máis “me gusta” no seu albúm publicado no Facebook do Concello de Meis ata o día 22 de decembro ás 12:00h.

PREMIOS :

1º PREMIO: Reportaxe en prensa + Trofeo.

2º PREMIO: Trofeo.

3º PREMIO: Trofeo.
Máis información das bases en