P̲R̲A̲Z̲O̲ A̲B̲E̲R̲T̲O̲ para solicitar praza a mocidade de 12 a 16 anos na II edición do programa de Conciliación puntual COA NOSA XUVENTUDE, incluido dentro do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia “Meis Concilia”.
Desenvolverase durante unha semana no mes de agosto, coa idea de ofertar ás familias con fillos e fillas de 𝙚𝙣𝙩𝙧𝙚 12 𝙚 16 𝙖𝙣𝙤𝙨 un recurso conciliador ademáis dunha función socializadora, lúdica e educativa da nosa xuventude.
DATAS DE REALIZACIÓN: do luns 4 de agosto ao martes 12 de agosto 2025
HORA: 9:00h a 14:00h
LUGAR: Centro Multiusos do Mosteiro (Meis)
𝘼𝘾𝙏𝙄𝙑𝙄𝘿𝘼𝘿𝙀 𝙂𝙍𝘼𝙏𝙐𝙄́𝙏𝘼
𝑰𝒏𝒔𝒄𝒓𝒊𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔: prazo aberto dende hoxe 𝒂𝒕𝒂 esgotar prazas.
Máis información na Omix do Concello de Meis (Praza de España 18 O Mosteiro-Meis), teléfono 986712277/615299794, correo electrónico omix@meis.gal ou en www.meis.gal